Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

?Veño de Canadá, levo tres meses en Carballo e quero falar galego?
Sermos Galiza

Carballo continúa integrando a ?nov@s galeg@s? a través da lingua. O Concello bota a andar de novo o ?Obradoiro de Integración Lingüística e Cultural?, un programa que achega desde o 2005 á nosa lingua a persoas que sen teren orixe galega residen no municipio.


?Son Gustavo, veño de Uruguai e gústame falar galego para ser máis de aquí?, ?Son Verónica, veño de Gran canaria e levo seis meses en Carballo. Quero falar galego para ensinarlle á miña filla a cultura galega?, ?Son Leo, veño de Cuba e gústame aprender galego para entender a letra dos grupos de aquí?, ?Son Luci, de Colombia, levo un ano en Carballo e gústame aprender galego para ser máis de aquí?. Son algunhas das declaracións recollidas no vídeo do ?Obradoiro de Integración Lingüística e Cultural? da pasada edición co que o Concello de Carballo anuncia agora unha nova convocatoria dun programa que se leva desenvolvendo desde o 2005, con sorprendentes resultados e unha boa acollida.

O Servizo de Normalización Lingüística anima a participar no programa, entre outras, coa lenda ?Gustaríache que che dixesen: ?Que rápido aprendiches a falar galego?? e, de feito, no vídeo ?Nov@s galeg@s que queren falar galego? varias das persoas que se expresan nosa lingua manifestan levar tan só 3 ou 6 meses no país.

Dirixido a ?novos galegos e galegas?, o obradoiro práctico desenvolverase do 11 de febreiro ao 3 e abril, a través de distintas actividades encamiñadas á integración de quen vén de lonxe tamén a través da lingua. O prazo de inscrición ao obradoiro, de carácter gratuíto, está aberto até o 4 de febreiro.



Cunha nova ordenanza

A normalización lingüística camiña con pulo en Carballo amparada tamén na nova ordenanza que aprobou no último trimestre do pasado ano segundo a cal o Concello empregará o galego na totalidade das súas accións, tanto nas administrativas internas como na comunicación social, as relacións coa cidadanía e con todas as entidades públicas que teñen sede na Galiza ademais das que admiten o galego nas actuacións administrativas. A ordenanza recolle tamén o uso do galego para as empresas que presten servizos do Concello.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-01-2014 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0