Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Filólogas galegas e brasileiras elaboran un dicionario sobre a crise económica
SERMOS GALIZA

Un grupo de filólogas da Universidade de Vigo traballan en parcería con especialistas de São Paulo para a elaboración dun dicionario de termos sobre a crise económica. A prensa é a fonte para a elaboración do corpus semántico.


Os correctores vólvense tolos cos novos termos que a crise económica popularizou e se foron adaptando ás diversas linguas como ía cadrando. Os meios de comunicación orixinaron debates entre lingüistas a respecto dalgunhas palabras usadas xa en titulares e que podían tomar distintas formas. Coa urxencia da propia crise económica, un grupo de especialistas, sete de Brasil e catro da Galiza comezaron a elaborar un catálogo de imaxes de cara á ofrecer un futuro dicionario sobre a crise económica internacional.

Trátase de elaborar un estudo da crise económica partindo dos neoloxismos da prensa ?desde un punto de vista intercultural e multilingüe?, segundo sinala a profesora da Facultade de Filoloxía e tradución, Iolanda Galanes e recolle o xornal da propia Universidade de Vigo. A fonte do traballo é a propia prensa e, segundo as promotoras, iso posibilita a contextualización dos acontecementos e pon de manifesto a distinta percepción da crise nun país intervido como Portugal ou nun emerxente como Brasil.

Iolanda Galanes, Silvia Montero, Ana Luna e Aurea Fernández toman parte do equipo de Vigo que traballa en parcería con especialistas do Observatório de neologismos científicos da Universidade de São Paulo dirixidos pola profesora Ieda Maria Alves.

A metodoloxía pasará desde un estado inicial no que se estudarán tres xornais durante cinco anos un día á semana para constituír un primeiro corpus do que sairá o segundo cun conxunto de novos conceptos, afondando no estudo semántico.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-10-2013 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0