Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Salón Teatro de Santiago acollerá dúas únicas proxeccións de ?A Cicatriz Branca?, novo filme de Margarita Ledo.
GALICIA HOXE - SANTIAGO. REDACCIÓN | 21.10.2013


A cineasta galega, Margarita Ledo, segue coa promoción da súa nova película ?A Cicatriz Branca?. Nesta ocasión é Santiago a cidade escollida. O vindeiro domingo 27 ás 18 horas e o luns 28 de outubro ás 20.30, no Salón Teatro. Eva Veiga, Xabier Deive, Lino Braxe e Tamar Novas, entre outros, forman parte do elenco dunha película coa que Ledo Andión trata a temática das mulleres que emigraron soas na primeira metade do século XX.

Nesta ocasión faino a través das vivencias de Merce, interpretada pola poeta Eva Veiga. Destinada a servir nunha casa acomodada en Bos Aires, e tras perder ós poucos días o seu traballo, a protagonista pasa tres días na Estación Constitución onde a súa vida se entrelaza coa de outras emigrantes. A película ven a culminar un traballo de investigación iniciado co documental ?Apuntamentos para un filme? onde se recollen diversas testemuñas de mulleres emigrantes que serviron de inspiración para as personaxes da película.

Presentación en Bos Aires

Tralo seu paso por Santiago, A Cicatriz Branca continuará o seu percorrido en Bos Aires, onde Margarita Ledo presentará o seu filme no Centro Cultural Virrey Liniers o próximo 30 de outubro co apoio da Dirección de la Mujer. Non será a única proxección na capital bonaerense xa que tamén se poderá ver no Centro Cultural da Cooperación o 4 de novembro.
O filme foi rodado en Galicia e Arxentina e conta entre as súas localizacións lugares como o Psiquiátrico de Castro, na Terrachá, o Hospital do Centro Gallego de Buenos Aires ou a propia Estación Constitución onde aconteceron moitas escenas semellantes ás que conta o filme. Declarada de interese cultural polo Ministerio de Cultura, A Cicatriz Branca contou co apoio de diferentes institucións como a AGADIC e de servizos de Igualdade tal os do Concello de Vigo, Deputación de Lugo, Concello de A Coruña ou o Instituto de la Mujer.
Margarita Ledo, unha cineasta comprometida
Poeta e escritora, da súa novela ?Porta Blindada?a sae a personaxe masculina central do filme ?A cicatriz branca?; investigadora e autora de obras sobre cinema autoral como ?Cine de fotógrafos?, Premio Espais d?Art Comtemporani; cineasta experimental en ?Illa? ou en ?Cienfuegos, 1913?; dirixe os documentais ?Santa Liberdade? e ?Liste, pronunciado Líster?. É catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, numeraria da Real Academia Galega, e preside e co-preside diferentes asociacións científicas locais e internacionais no eido das ciencias da comunicación.
Máis información e imaxes no Pressbook: www.acicatrizbranca.com
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-10-2013 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0