Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Parlamento reclama unha campaña de defensa do galego na Unión Europea
GALICIA HOXE - SANTIAGO. EP | 22.10.2013


Os catro grupos representados no Pazo do Hórreo --PPdeG, PSdeG, AGE e BNG-- aprobaron por unanimidade este martes unha iniciativa na que se insta á Xunta a realizar, xunto coa administración competente, unha campaña a favor do galego en Europa.

A iniciativa que recibiu o apoio unánime dos grupos na comisión de asuntos europeos foi transaccionada en base a un texto de AGE e nela reivindícase a defensa do uso do galego, "como lingua de pleno dereito", que participa no proceso de construción da cidadanía europea.

Na proposta tamén se insta ao Goberno galego a requirir da Oficina de Información en España do Parlamento europeo acciónelas pertinentes" para que se permita o uso da lingua galega no concurso Euroscola.

Ademais, pídese á Xunta que promova, "por si ou en colaboración co Estado, con outras entidades públicas e privadas", unha campaña en defensa das linguas minoritarias europeas como patrimonio común de "todos" os pobos de Europa.

Do mesmo xeito, solicítase promover "a utilización e preservación" destas linguas para o futuro.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-10-2013 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0