Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Darío Xohán Cabana recibe a homenaxe da Asociación de Tradutores Galegos
Sermos Galiza

Da súa man chegaron ao galego a Divina Comedia e a Vida nova de Dante, o Cancioneiro de Petrarca ou Os tres Mosqueteiros de Dumas. A Asociación de Tradutores Galegos recoñece coa súa homenaxe anual o papel de Darío Xohán Cabana á hora de incorporar á nosa lingua obras literarias do patrimonio universal.


A Asociación de Tradutores Galegos destaca na súa homenaxe anual celebrada arredor do Día da Tradución o traballo de Darío Xohán Cabana á hora de verquer ao galego obras clásicas do patrimonio literario da humanidade cun ?coidado labor e sensibilidade poética?. O acto de homenaxe terá lugar no salón de plenos de Lugo, a súa cidade, o día 23 ás 20 horas e nel intervirán Marica Campo e Paco Martín, o presidente da Asociación, Xavier Senín e o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco.

A obra do escritor Darío Xohán Cabana ten merecido numerosos recoñecementos, máis dunha ducia de premios entre os que se atopan o de Poesía Cidade de Ourense, o Xerais de novela, o Barco de Vapor, o Cidade de Lugo ou o Martín Códax. Autor de títulos como Galván en Saor, O cervo na Torre ou Morte de rei, o escritor desenvolveu unha sólida traxectoria en poesía e narrativa mais tamén en tradución, faceta que agora recoñece a Asociación de Tradutores Galegos ao facelo protagonista da súa homenaxe anual.

Como tradutor, da man de Darío Xohán Cabana chegaron á nosa lingua a Divina Comedia de Dante, o Cancioneiro de Petrarca, a Vida nova de Dante, a Antoloxía do Dolce Estilo Novo, Os trobadores da Occitania ou Os Tres Mosqueteiros de Alexandre Dumas. Polo Cancioneiro de Petrarca recibiu xa o premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor obra traducida en 2012.

Fernando Pérez-Barreiro Noia, Marilar Aleixandre, Valentín Arias ou Henrique Harguindey recibiron en edicións anteriores a homenaxe anual da Asociación de Tradutores Galegos.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 20-10-2013 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0