Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Levan ao Parlamento Europeo, ao de Galicia e Valedor do Pobo a supresión de galego nun instituto de Ponferrada
Galicia Hoxe


O colectivo cultural Fala Ceibe anunciou que levará ao Parlamento Europeo, ao de Galicia e ao Valedor do Pobo a supresión do idioma galego como materia no instituto Europa de Ponferrada, co fin de que estas institucións valoren se con "esta medida educativa antigalega" se produce un incumprimento de Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.

Deste modo, Fala Ceibe critica "un novo e claro exemplo de como a Xunta de Castela e León desprestixia e desmotiva a elección voluntaria do galego", despois de que este colectivo recibiran diversas queixas de pais deste instituto.

En concreto, na carta que remitirá, que recolle Europa Press, explícase que a Consellaría de Educación só ofrece a posibilidade de traslado do alumnado a outro instituto de Ponferrada --Virgen de la Encina-- ou o cambio da materia Lingua e Cultura Galegas por outra.

Así mesmo, denuncia que "só se pode cualificar de grave inxustiza" para o alumnado e os pais afectados" que os alumnos non poidan cursar galego no seu instituto, malia que "teñen dereito a recibir todas as materias elixidas no seu centro porque así se ofertaba na inscrición de matriculación".

"Queda claro que coas medidas educativas que adopta agora a Xunta de Castilla e León incumpre manifestamente co acordado e asinado coa Xunta de Galicia en Galicia no ano 2006", denuncia Fala Ceibe --o BNG presentou iniciativas en defensa do idioma galego como materia nesta comunidade nos últimos anos-- .

Por todo iso, tras enviar un escrito a todos partidos con representación no Parlamento de Castela e León, así como de poñerse en contacto coa Xunta, enviarán unha carta expoñendo a situación a outras institucións.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 14-10-2013 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0