Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COMEZA A SUPRESIÓN DO GALEGO EN CASTELA E LEÓN
Cadernos de Comunicación e Análise - 12 de Outubro de 2013 · by Redacción @INFOCADERNOS


Ao colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo chegaron diversos escritos de pais e alumnado do Instituto de Ensinanzas Media ?Europa? de Ponferrada. Estas queixas refírense á supresión da materia de Lingua e Cultura Galegas no nivel de Bacharelato. Os afectados remitiron un escrito á Dirección do centro mostrando a súa desconformidade con esta medida da Consellaría de Educación da Xunta de Castela e León.

No referido escrito dos pais e os alumnos faise mención á intención de suprimir o Programa de Promoción do Idioma Galego neste centro. Neste sentido os afectados preguntan ?Por que ese mesmo curso o centro oferta como posibilidade este programa en primeiro da ESO, sen notificar ás familias que o alumnado non vai poder finalizar os estudos de ESO e Bacharelato e obter os certificados CELGA 2 e CELGA 3″. Ante a inmediata eliminación da materia de lingua galega en Bacharelato no centro ?Europa?, a Consellaría de Educación ofrece a posibilidade do traslado do alumnado a outro instituto de Ponferrada, ?Virxe da Aciñeira?, ou o cambio de optativa, desistindo de elixir a materia de Lingua e Cultura Galegas. ?Este é un novo e claro exemplo de como a Xunta de Castela e León desprestixia e desmotiva a elección voluntaria do galego noutro centro educativo do Bierzo?, sinalan dende o colectivo.

?Resulta lamentable que a Xunta de Castela e León propuxese ao alumnado a emigración diaria a outro centro. Está claro que nin os alumnos nin os pais afectados apoiaron esta opción. O alumnado non quixo deixar o seu instituto para recibir clases de galego noutro centro da mesma cidade por razóns varias. Os alumnos do instituto ?Europa? teñen dereito a recibir todas as materias elixidas no seu centro porque así se ofertaba na inscrición de matriculación. Cambiar estas condicións escolares previas é unha clara inxustiza do instituto ?Europa? e da Consellaría de Educación?, aseguran.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-10-2013 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0