Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Preto de 2.000 escolares tomaron parte no ciclo de cine en galego
Arredor de 2.000 escolares dos niveis de Infantil e Primaria dun total de 21 centros educativos da cidade, aos que se sumaron tres doutros puntos da comarca, participaron ao longo da semana na oitava edición do ciclo de cine En galego, de película.

REDACCIóN DIARIO DE FERROL


A iniciativa, organizada polo Concello de Ferrol en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística, apóiase na arte do cinema como un perfecto vehículo de transmisión de valores para os rapaces e tamén como un efectivo medio para á normalización da lingua e cultura galega entre os mozos.

Deste xeito, dende o pasado martes e ata a xornada de onte, un total de 1.860 escolares dos centros educativos ferroláns acudiron aos cines Dúplex para ver a película de animación Pérez, o ratiño dos teus soños.

Sesións > Cada un dos días establecéronse dúas sesións, unha ás 9.45 horas e outra ás 11.45. Na de onte, coa que se pechou o ciclo adicado aos niveis de Infantil e Primaria, tomaron parte os colexios de Esteiro, Moeche, Cristo Rey ou Ibáñez Martín, entre outros. O ciclo En galego, de película retomarase o vindeiro 17 de abril, nesta ocasión para os estudantes de Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos. Neste caso, no que tamén se levarán a cabo un total de catro sesións, a película a proxectar será a que leva por título Galatasaray-Depor.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-04-2007 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0