Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Academia conmemora o cincuenta aniversario da proposta do Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Del Riego en Vigo
Cunha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, a RAG conmemora o sábado en Vigo o cincuenta aniversario da proposta do Día das Letras Galegas. Xosé Luís Axeitos actuará como presidente en funcións.

REDACCIÓN SERMOS GALIZA


Cun pleno extraordinario que terá lugar na sede da Fundación Penzol en Vigo o próximo sábado día 23, a RAG homenaxeará a Francisco Fernández del Riego, dentro dos actos que conmemoran o centenario do seu nacemento.

Cen anos do nacemento do que fora o presidente ?renovador? da RAG desde 1997 ao 2001 e cincuenta da Fundación Penzol a quen tan vencellado estivo levan á institución a desprazar o seu plenario extraordinario á cidade de Vigo na que o próximo sábado lembrarán aquel 20 de marzo de 1963 no que o propio del Riego xunto cos tamén académicos Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron conmemorar o Día das Letras Galegas mediante un escrito presentado á propia Academia.

Canda a Academia, participan nos actos a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, que estarán representados polo alcalde Abel Caballero e o presidente da Fundación, Alfonso Zulueta de Haz, ademais do presidente en funcións da RAG, Xosé Luís Axeitos. A conmemoración terá lugar a poucos metros do local no que se imprimiu Cantares Gallegos, libro que marca o inicio da conmemoración e que está tamén este ano de aniversario. A cidade prepárase para unha celebración na que a Academia terá tamén protagonismo.

Será o primeiro pleno extraordinario e o primeiro acto oficial despois da demisión do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín como presidente, co prazo de tres meses xa aberto para a elección de quen o sucederá. O presidente en funcións anunciara que se tratará de cubrir o posto no menor tempo posíbel e desde a Academia deixase sentir a vontade de chegar a un acordo despois da crise.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-03-2013 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0