Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resume da intervencion de Xosé Manuel Pazo, en nome da Coordenadora, para propoñer o acto de homenaxe a Rosalía.
Ferrol 19 de marzo de 2013

Aos membros do Conselho Municipal da Lingua:

A nosa presenza nesta institución obedece a motivos varios ? porque variada é a realidade que nos arrodea- pero con un vértice común : o de logrármonos que a lingua nacional, a lingua propia de Galiza ( como proprios de Galiza son os carvalhos e as abidueiras) acade un status que lle permita continuar sendo útil á humanidade.

Entre as actividades proprias dunha lingua está a da creación literaria. Porén, no noso país, a literatura xogou e xoga un papel imprescindíbel para manter accesa a chama dun horizonte normalizado da nosa lingua e de liberdade para o noso país. Foi esa , alén dos valores literarios, a achega da obra de Rosalía. E, precisamente, por iso a CNLCA entende que Ferrol, a cidadanía de Ferrol no seu conxunto e as súas institucións ( entre elas o C Municipal da lingua) non podía deixar pasar o 150 aniversario da publicación da obra de Cantares Gallegos sen facer un contributo ao recoñecimento da importancia da obra e da autora. Foi a data de publicación de Cantares Gallegos , un 17 de maio de 1863, a referencia da RAG para declarar o día 17 de maio como aquel no que se reinvindica o uso do noso idioma e se homanexea aos que contribuiron a facérmonos universais a través da obra escrita.

Facemos , pois, ao Consello a proposta de homenaxearmos á nosa poetisa no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos e celebrarmos os 50 anos da institucionalización do día das nosas letras, medio século!, dun xeito humilde pero que agardamos, de así o aprobar o Consello Municipal da Lingua, emotivo e cheio de transcendencia para a nosa cidade, para a nosa lingua e para a nosa cultura.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 24-03-2013 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0