Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Europa critica á Xunta pola "redución do galego"
O Comité de Ministros do Consello de Europa gaba as medidas de Cataluña e Euskadi a prol da lingua propia no ensino, pero critica a desprotección do galego nas aulas tras o 'decreto do plurilingüismo'. Na súa visita, os expertos tamén descubriron que os datos que deu a Xunta eran falsos nalgúns casos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 25/10/2012


O Comité de Ministros do Consello de Europa acaba de aprobar unha serie derecomendacións a España para que cumpla a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias. Nese documento os expertos critican ao Executivo de Alberto Nuñez Feijóo pola redución do número do galego nas aulas que impuxo co chamado 'decreto do plurilingüismo'.

A prol da inmersión lingüística en galego, se os pais o piden

"O Comité de Expertos está preocupado pola subsecuente redución do galego na ensinanza media a todos os niveis", di textualmente o texto. O Consello tamén recomenda á Xunta programas de inmersión lingüística en galego.

O PP rexeita de fronte este tipo de programas, pois considéraos produto dun modelo de imposición. Non opinan igual no Conselllo, que "lembra as autoridades que un número dabondo de escolas deben ofrecer educación totalmente ou esencialmente en galego para os alumnos con pais que así o desexen".

Ademais, os expertos amosan a súa preocupación pola adopción do modelo trilingüe por parte da Xunta. O Consello sinala en varias ocasións que teme que a introdución do inglés sexa en realidade unha excusa para agochar a diminución de horas en galego.

A Xunta tenta ocultar á situación

De feito, os avaliadores chegan a acusar á Xunta de "non responder de novo ás demandas de información presentadas polo Consello". Os investigadores tamén visitaron Galicia para comprobar se o que lles contaba o Goberno era certo. O informe deixa claro que o Executivo tentan enmascarar a realidade. "De acordo aos voceiros que se reuniron co Comité de Expertos na visita de campo, as escolas bilingües debían ensinar en teoría a metade das materias en galego, pero na práctica redúcese até só dúas materias nalgúns casos".

Os detalles do informe foron expostos hoxe en rolda de prensa por Carlos Callón, voceiro da Mesa pola Normalización. Callón denunciou que é falso o "ensino trilingüe" do que presume o Executivo.

A Mesa

A Mesa tamén destaca que mentres o Consello gaba as políticas a prol do idioma propio lanzadas en Euskadi e Cataluña, critica e desconfía do sistema educativo organizado en Galicia.

Carlos Callón pide que ?a Xunta escoite o Consello de Europa e respecte este tratado internacional, respecte a lingua que nos une como galegas e galegos?. De non o facer, o dirixente da Mesa apunta que ?desde o movemento cultural galego continuaremos a batallar con ánimo e enerxía, porque sabemos que estamos a defender unha causa xusta e necesaria, como é a liberdade de podermos utilizar o noso idioma no noso propio país?.

Galego fóra de Galicia

O Consello tamén reclama protección para o galego fóra da Comunidade Autónoma, en particular en Asturias e no Bierzo. Segundo os seus datos, no Bierzo hai uns 30.000 falantes e en Asturias uns 40.000.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 26-10-2012 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0