Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Afortalar a Lusofonia, novo obxectivo da Agal
Miguel R. Penas convértese no novo presidente da entidade decana do reintegracionismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/10/2012


A Associaçom Galega da Lingua (AGAL) elixiu este sábado aos integrantes do novo Consello que dirixirá a entidade reintegracionista os vindouros catro anos. Só concorreu unha candidatura, encabezada por Miguel R. Penas, a cal foi referendada polos 97,53% dos votos emitidos na asemblea.

O obxectivo principal de Miguel R. Penas para AGAL nos próximos catro anos é continuar o traballo realizado na última etapa para afortalar "o discurso da oportunidade". "A oportunidade do galego para a Galiza, con todas as portas que se abren para a cidadanía galega polo simple feito de naceren neste país e teren esta lingua, e a oportunidade da Lusofonia para a nosa lingua", indica.

Neste sentido, terán carácter central atuacións destinadas á promoción social e á divulgación pedagóxica da estratexia luso-brasileira para o galego. "Estamos convictos de ser umha estratégia graças à qual ganhamos todas e todos. O seu destino final tem que ser alcançar a centralidade social. Para todo isto é preciso construir pontes que podam ser transitadas", engadiu. Precisamente, esta ideia é a que levou a candidatura a se apresentar co alcume "Pola Ponte".

Por iso, o novo consello creará unha área de audiovisual que se xuntará ás de traballo que a Agal tivo os últimos anos; Administrativo-económica, Informática, Editorial, revista Agália e Comunicación.

O novo presidente

Miguel R. Penas convértese na sexta persoa en asumir a Presidencia da AGAL desde a súa constitución en 1981 e sucede no cargo o filólogo Valentim Fagim, que asume, agora, a vicepresidencia. Na Secretaría estará Manuel López; na Tesouraría, Ângelo Lodeiro e nas vogalias, Noemi Pinheira, Manuel César Vila, Gerardo Uz, Eduardo Maragoto, Jurjo Martins e Xemma Fernández.

Miguel Rodrigues Penas (Donostia, 1976) çelicenciado en Historia pola USC. Compostelano descendente de arzuáns, tivo os primeiros contactos co reintegracionismo na etapa universitaria, onde tamén militou nos CAF. Acabados os estudos comezou a traballar en Ourense en temas de comunicación e internet nunha produtora de contidos para a red.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 14-10-2012 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0