Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Twitter tamén estará en galego
A rede social terá a súa versión en lingua galega logo de que miles de usuarios esixisen durante meses á compañía estadounidense a tradución dos seus servizos. A Xunta atribúese o mérito.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/09/2012


Twitter xa pode ser traducido ao galego. A compañía estadounidense abriu onte o seu Centro de Tradución ao noso idioma para que os seus servizos podan ser ofrecidos na nosa lingua. Para iso será necesario o traballo de voluntarios a través do Twitter Translation Center, servizo no que as traducións se aproban automaticamente mediante un algoritmo que ten en conta os votos da comunidade de usuarios.

Xunto co galego incorpóranse outros quince idiomas, entre os que están o gaélico irlandés moderno e o galés, ademais do tamil, serbio, búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, canarês, bielorruso, bengalí, albanés e eslovaco.

O galego foi, até onte, a única lingua oficial do Estado que non fora considerada polos responsábeis de Twitter. Castelán, éuscaro e catalán xa tiñan a súa versión en Twitter, mais o galego foi ignorado malia a campaña que durante meses mantivo activa a conta @tweet_en_galego -seguida por case 15.000 usuarios- a prol da nosa lingua e secundada por miles de persoas que utilizaron etiquetas que se fixeron populares e mesmo chegaron a ser tendencia, como #TwitterEnGalego.

Rifa coa Xunta

A Xunta tamén quixo compartir cos usuarios de Twitter a súa ledicia a través da súa conta en Twitter, na que se atribuíu boa parte do mérito publicando unha nota de prensa co título "O twitter falará en galego grazas a una campaña respaldada pola Xunta de Galicia" e na que se di:

"A Xunta de Galicia comparte coa colectividade cibernauta que apoiou a iniciativa Twitter en galego, XA! -promovida por Ian Vázquez- a súa gran satisfacción pola apertura da coñecida rede social Twitter á tradución ao galego".

Esta nota de prensa provocou unha discusión entre o xestor da conta da Xunta en Twitter e o de @tweet_en_galego que reproducimos aquí cos tweets orixinais:

- Xunta de Galicia@Xunta

O twitter falará en galego grazas a una campaña respaldada pola Xunta de Galicia xunta.es/notas-de-prens?
20 sep 12

- Twiter en galego@tweet_en_galego

Unha pena que o propio goberno da @Xunta nos minta así:xunta.es/notas-de-prens?
20 sep 12

- Xunta de Galicia@Xunta

@tweet_en_galego O que dí a nota e que a Xunta respaldou a iniciativa de Ian Vázquez, e axudou coas ferramentas propias, AMTEGA, RRSS, etc.
20 sep 12

- Xunta de Galicia@Xunta20 sep 12

@tweet_en_galego E sabedes ben que, entre outros, dende este perfil oficial pediuse en moitas ocasións adherirse a vosa solicitude.

- Twiter en galego@tweet_en_galego

@Xunta Iso non excusa o anterior. Existía unha iniciativa en marcha, non había necesidade de crear outra.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 20-09-2012 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0