Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Eurocámara insta aos estados a promover a aprendizaxe das linguas cooficiais
A eurodeputada do BNG Ana Miranda salienta que o Parlamento Europeo recoñece ao galego, catalán e vasco "idéntico estatus" na educación como ao español ou o francés.

BRUXELAS. 11 | 09 | 2012


O BNG votou a favor do informe Educación, Formación e Europa 2020 aprobado hoxe polo Parlamento Europeo no que se solicita aos Estados membros que "non utilicen" a crise como "argumento" para reducir os investimentos en educación e se pon énfase na importancia do multilingüismo e na formación permanente como ferramentas para saír adiante no mercado laboral.

Desde o BNG, a eurodeputada Ana Miranda salienta o apoio explícito do Parlamento Europeo para que os Estados "fomenten desde a infancia a adquisición de competencias naquelas linguas cooficiais da UE, -como é o caso do galego, vasco ou catalán-, dando a estes idiomas o mesmo estatus do que disfrutan o español ou o francés", explica Miranda.

Estas recomendacións, alega a deputada do BNG, "van en dirección contraria aos recortes na educación pública que está levando a cabo o PP no Goberno de Galiza, e tamén contradín a política da Xunta de recortar o peso do galego no sistema educativo. Para o Parlamento Europeo, as linguas cooficiais son unha riqueza que se debe fomentar con apoio económico e político", conclúe a eurodeputada.

"Non se pode usar a crise como coartada para reducir o investimento en educación, formación, investigación e innovación, así como a diversidade cultural e lingüística. Por contra, as medidas de pretendida austeridade e os recortes orzamentarios poñen en perigo un dos pilares da cohesión: as políticas baseadas no coñecemento", alerta Miranda.

A Eurocámara ten recoñecido a importancia de mellorar a educación e a aprendizaxe ao longo de toda a vida "o que facilitará a recuperación económica".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 12-09-2012 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0