Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LEGA: lecer galego (e en galego) promovido por GalegoLab
A plataforma busca levar o galego a aquelas áreas onde a súa presenza é escasa nun momento onde se debate nos medios dixitais galegos sobre a pertinencia de establecermos uns límites -autoimpostos- para o uso e promoción do galego. Xogos, fitness ou astronomía son algunhas das ofertas dispoñibles para todas as idades.

Por Paco Gallego | Santiago de Compostela | 30/07/2012


A polémica xurdida pola imaxe do cartel do Festigal 2012 ou a aparición da nosa revista-sección GC Tendencias están a aflorar diferentes visións á hora de normalizarmos o noso idioma e promover socialmente a cultura desenvolvida nel dende os propios sectores comprometidos coa lingua. Son visións que agochan actitudes, e son actitudes que descargan, asemade, a responsabilidade do fracaso normalizador galego en quen dirixiu décadas as institucións públicas galegas, esquecendo que os momentos de maior rexeitamento social á lingua apareceron baixo outras forzas políticas responsables de poñerlle o camiño moi doado a quen quería forzar pasos regresivos insólitos neste proceso.

Por unha banda, existe un sector protagonista en moitas iniciativas populares -ou parlamentarias- de promoción do galego que entende que existen límites de tipo cultural (relacionados coa orixe allea do xénero ou disciplina artística en cuestión) ou lingüístico-sectorial (relativo á oportunidade ou non de expresarmos en galego cuestións relativas á moda, por exemplo, ou a empresas e marcas galegas con denominación en español).

Pola outra, existen iniciativas de tipo práctico que introducen o galego en aquelas áreas, disciplinas ou temáticas onde está excluído ou o seu uso é residual. GC Tendencias é unha delas. LEGA, Lecer Galego, de GalegoLab, outra delas.

A fins do mes de xuño presentouse de forma oficial LEGA (Lecer galego), un proxecto de GalegoLab que pon a disposición da sociedade galega recursos lúdicos dixitais naquelas áreas onde a presenza do galego sexa baixa ou escasa, xerando estes contidos baixo licenzas libres maioritariamente que permitan a súa libre distribución e uso.

A presentación correu a cargo de Cani Martínez, Carlos Ares e Xoán Antón Pérez Lema, membros da directiva de GalegoLab e Xabier Seixo, encargado de desenvolver LEGA. Pódese acceder á plataforma no enderezo http://lega.galegolab.com/

A web de LEGA divídese en catro apartados principais: ludoteca, discoteca, filmoteca e discoteca. Neste último pódese descargar de xeito totalmente gratuíto Galegogym, un cd de música galega, en Creative Commons, para facer fitness en galego, que contou coa colaboración de artistas como GalegoZ, Zimmer 103 e Projecto Mourente. Este é o enlace de descarga directa.

A ludoteca está, polo de agora, adicada ós máis pequenos e pequenas, que poden xogar, na nosa lingua, a Frozen Bubble e Childsplay.

Pola súa banda, a filmoteca permite o visionado de Sintel, unha curtametraxe de animación desenvolvida pola fundación Blender. Esta conta a historia dunha adolescente chamada Sintel que percorre o mundo na busca dun dragón chamado Scales, ó que coñecera cando este era pequeno. Scales é capturado por outro dragón, e Sintel comeza a súa busca, que a leva a percorrer o mundo na súa procura.

Asemade, está xa accesible a páxina web Astronomía básica, un recurso de astronomía orientado a todas aquelas persoas que se queiran iniciar na astronomía. O proxecto consta de material dixital de astronomía, unha guía de astronomía básica e un dvd do sistema operativo Ubuntu en galego -que inclúe ademais unha guía de uso-, totalmente funcional para usos xenéricos, e modificado de tal xeito que se engaden tanto programas de astronomía en galego de mapas e atlas celestes (Stellarium e Cellestia). Está completamente en galego (o software, navegador web, procesador de textos, reprodutor de vídeo e audio?) e cabe tamén destacar que se pode executar sen instalar.

Astronomía básica levouse a cabo en colaboración con Astronomía na Beirarrúa, un proxecto nacido dentro da Universidade de Santiago de Compostela e que ao longo destes últimos anos leva traballando para achegar a astronomía dun xeito lúdico e participativo.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 30-07-2012 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0