Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Doutora do SERGAS esixe a familiares dun moribundo que non falen en galego
?No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano?, exixiu a doutora cando realizaba a atención no domicilio do paciente, en Oleiros. A Mesa reclama ?unha investigación a fondo e medidas disciplinarias? e responsabiliza a Núñez Feijóo desta ?maré de discriminacións contra o galego na Administración autonómica?.

Por Galicia Confidencial | | 26/07/2012


Segundo denunciaron perante A Mesa e a Xunta os familiares dun ancián recentemente falecido, unha doutora do servizo de emerxencias do SERGAS en Oleiros pediu aos familiares do moribundo que non lle falasen en gaelgo. ?No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano? dixo segundo os denunciantes.

A Mesa reclama que o SERGAS responda a esta denuncia cunha ?investigación a fondo e as medidas disciplinarias correspondentes? xa que se trata dunha ?discriminación moi grave, non só no plano lingüístico, pois prodúcese nunha situación de especial vulnerabilidade?. Ademais, a maior asociación cultural do país responsabiliza directamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que haxa unha ?maré de discriminacións contra o galego na Administración autonómica?, froito das ?reiteradas mensaxes galegófobas do goberno?.

Velaquí o escrito de denuncia que entregou un familiar afectado perante a Xunta:

Quero presentar unha queixa contra a actuación dunha médico do servizo de urxencias sanitarias do Sergas por uns feitos producidos o día 29 de xuño de 2012 (a médico anotou o día 26/06/12). Segundo o parte que lles adxunto chámase Isabel Álvarez. Previamente a asinar este, negouse a se identificar por nome ou número de empregada.

O suceso tivo lugar [...] no concello de Oleiros. Esta vivenda é propiedade do meu tío materno e a súa muller. Meu avó materno, que é o paciente identificado na ?HISTORIA CLÍNICA DE EMERGENCIAS?, estaba a convulsionar e todo indicaba que ía morrer en breve. Con 89 anos, padecía un cancro de páncreas con metástase en fígado e ril esquerdo, e en sucesivas consultas de emerxencias no CHUAC polas complicacións da súa enfermidade, xa nos informaran reiteradas veces de que estaba en fase terminal.

Tras solicitar asistencia médica, presentáronse a médico identificada como ?Isabel Álvarez? e dous homes, supoño que enfermeiros ou técnicos sanitarios. Recibinos eu mesmo e indiqueilles que meu avó estaba a morrer. Os tres entraron no domicilio e no cuarto en que el se atopaba. Na casa tamén estaban presentes meus pais e meus tíos. A médico comezou a dicir ?sí, se está muriendo? e fíxenlle xestos para que falase en voz baixa, posto que tan só uns minutos antes meu avó dera sinais de ser quen de entender o que se lle dicía. Ela dixo ?no escucha?, pero saíu fóra do cuarto e preguntou que medicación tomaba. Eu indiqueille que o máis relevante seguramente fosen uns parches dun derivado da morfina que nos deran para tratarlle a dor, e miña tía foi buscar os papeis onde tiña anotados o resto de medicamentos, que agás outro sedante en forma de comprimido, non tiñan relación co cancro. Ela dixo que se a situación se alongaba podía darlle algo máis para non prolongar o sofremento.

A médico dirixiuse a min novamente para me preguntar cando dera sinais de ter dificultades para respirar, e cando comecei a respostar cortoume dicindo ?Hábleme en castellano?, ao que eu respostei ?Como??, sinxelamente porque non o agardaba. Ela respostou ?Que si me puede hablar en castellano?. A miña resposta foi: ?Non, e en todo caso sería eu quen lle podería pedir que me atendese en galego, pero non é o intre de falar diso?. Ela reaccionou erguendo a voz e dicindo de xeito chulesco ?Mira, es que no te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano porque no soy gallega?. Eu resposteille dicindo que eu falaba como me daba a gana, que se traballaba aquí tiña que saber galego ?posto que teño entendido que se esixe cando menos un certificado do CELGA para traballar no SERGAS?, e pedíndolle o seu nome ou número de identificación para pór unha queixa contra ela. A súa resposta foi dirixirse aos meus tíos e dicirlles case berrando: ?Saquen a esta persona de aquí?. A resposta da miña tía foi que non me podían sacar de alí porque estaba na miña casa. Eu deille as costas, para evitar unha discusión absurda que puidese chegar a prexudicar a meu avó e achegueime á entrada do cuarto onde el seguía a afogar. Meus pais e tíos amosáronlle o listado de medicamentos que tomaba, mentres ela non lles facía caso e dicía ?Debe estar muy nervioso, ¿no?? e outras cousas semellantes en vez de atender a situación. En minutos, meu avó morreu, antes de que se lle subministrase nada.

Considero que o feito de que unha empregada pública do Servizo Galego de Saúde esixa que empregue o castelán é unha vulneración moi seria dos meus dereitos lingüísticos. Coido que non foi honesta ao dicir que non entendía, pero tanto se realmente é así como se actuou por fanatismo ou odio contra o galego penso que non debería estar a traballar no SERGAS. O que si deixou moi claro é que estaba máis que disposta a aproveitar unha situación tráxica para tentar imporse, chegando ao extremo de pretender que se me afastase do leito de morte do meu avó.

Solicito a apertura dun expediente disciplinario contra esta persoa e que se lle apliquen as sancións que correspondan, posto que as circunstancias fan que a maiores dun ataque grave aos meus dereitos ligüísticos tamén se poida falar de danos morais graves. Podo presentar testemuñas do acontecido e querería ser informado das medidas adoptadas.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 27-07-2012 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0