Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O galego will survive
Unha montaxe audiovisual do IES de Chapela, en Redondela, acada case 15.000 visitas nunha semana ao longo de 57 paises (desde Canadá ata Madagascar ou desde Xapón ata Nicaragua). Así se fixo e así quedou...Videos no interior.

Por Galicia Confidencial | Redondela | 04/07/2012


O Lipbub 'Eu Falarei', no que participaron os estudantes e a comunidade educativa do IES de Chapela está resultando todo un éxito. Logo dunha semana na rede, o vídeo foi xa visto por case 15.000 persoas de todo o mundo.

O día 5 de xuño de 2012, a comunidade educativa do IES de Chapela gravou, despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, o LIPDUB EU FALAREI. É unha montaxe con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela.

"Defensa" da lingua

O seu obxectivo; "un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova", segundo comentan os propios autores.

Na gravación implicáronse activamente máis de 400 persoas entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes. "Todos eles son alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños de Chapela, que quixeron neste LIPDUB dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro... precisa de nós.".



Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 05-07-2012 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0