Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A cooperativa de ensino popular ponse "ao servizo da sociedade" para a creación da rede de escolas infantís
Miguel PardoMiguel Pardo | @depunteirolo


?Unha pata máis no banco? da futura rede privada de escolas infantís en galego. Este sábado vense de constituír en Compostela a Cooperativa de Ensino Popular Avoaescola (CEPA), un primeiro paso, pero decisivo, para a materialización no vindeiro curso ?dun proxecto educativo laico, pluralista, democrático, en valores e de calidade, en calquera punto onde a cidadanía o demande?.

Tras a celebración da asembleea extraordinaria de Galiza co Galego (GcG), comisión promotora do proxecto, tivo lugar a constitución da CEPA, unha cooperativa que, en palabras do presidente de GcG, Francisco López, supón a posta en marcha ?dunha ferramenta que se pon ao servizo e en mans da sociedade, dos mestres, dos educadores e dos pais e nais? co obxectivo de conformar no futuro unha rede de ensino que garanta tamén unha educación vehicular en galego, algo que xa facilitaban as galescolas durante o bipartito pero que quedou imposibilitado co novo Executivo do PP, logo da súa substitución pola rede da Galiña Azul, que non asegura o ensino da lingua propia do país nas idades máis temperás.

A cooperativa "posibilita" a pais e educadores a conformación dunha escola

Ante preto de 30 persoas, e logo de debater o proxecto económico e social ?para unha escola en galego inclusiva? e constituír a CEPA, súbese un chanzo máis na construción dun proxecto que naceu hai xa tempo co compromiso de apoio -tamén económico- de máis de 3.000 persoas a Galiza co Galego (GcG), unha asociación que conta xa cun modelo educativo marco elaborado en colaboración coa a AS-PG e Nova Escola Galega, ademais do apoio de sindicatos educativos ou da Unión das Cooperativas de Ensino.

Constitúese así unha ferramenta que ?fará posible que, naqueles lugares onde haxa a demanda de escola por parte das familias ou educadores se poida facer?, explica Francisco López, presidente de GcG, que aclara que o obxectivo da Cooperativa Avoescola é ?posibilitar? a creación de escolas para que logo ?os seus impulsores poidan constituír a súa cooperativa independente? e que en rede con outras fortalezan e expandan o proxecto?.

As achegas económicas chegan dos socios numerarios, e á vez socios da cooperativa, que crean un fondo de escola que garantirá a viabilidade dos centros de ensino asociados. ?A cooperativa será a facedora da escola e a creadora de dinámicas de traballo, así como da contratación de mestres e persoal educativo?, engade. ?O capital económico conseguirase na medida na que o capital humano responda?, insiste López, que advirte que xa hai un fondo creado.

?A cooperativa será a facedora da escola e a creadora de dinámicas de traballo, así como da contratación de mestres e persoal educativo?

?As escolas que vai ter este proxecto dependen da iniciativa social, da iniciativa popular. O único que ten que ter a xente é decidirse e autoorganizarse?, engade o presidente de GcG, que insiste en que o proxecto é ?o impulsor? dunhas escolas que dependen tamén da implicación da xente que aposte por un ensino "en galego, laico, pluralista e democrático?
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 02-07-2012 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0