Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Milleiros de persoas secundan a convocatoria de Queremos Galego contra os ataques ao idioma do País

A Alameda compostelá rebordou de xente

Máis de 25.000 persoas, segundo os convocantes, encheron as rúas de Compostela para rexeitar os ataques ao galego e reivindicar o dereito a vivir na lingua propia da Galiza.

Sermosgaliza


Compostela foi neste día a gran barca de pedra na que se embarcaron milleiros e milleiros de persoas para, secundando a convocatoria de Queremos Galego, facer frente aos ataques ao idioma e reivindicar o dereito a vivir plenamente na língua do País. Non só a Praza da Quintana, punto final da manifestación, quedou pequena para acoller a maré de xente que acudiu á capital da Galiza para, no Día das Letras Galegas, deixar ben claro que o idioma segue vivo. Tampouco na Alameda e contorna (Porta Faxeira), ponto de partida, non collía unha agulla. Milleiros e milleiros de persoas (unhas 25.000 segundo a organización) procedentes de todos os recantos do País quixeron estar presentes en Compostela para amosar que hai un pobo que non vai permitir máis agresións contra o seu idioma. A cidade rebordou de paixón polo galego.

Unhas 25.000 persoas encheron Compostela de orgullo polo idioma.

As escasas prazas de aparcamento nos parking subterráneos e a gran animación nas rúas e locais hosteleiros próximos á Alameda na media mañá xa pronosticaban unha asistencia espectacular, unha maré humana que quixo respostar coa súa presenza na cidade a un novo intento de censura, desta vez do Concello de Santiago, a un acto polo galego. Compostela está en plenas festas da Ascensión, mais a festa decorreu neste día entre a Alameda e A Quintana.

Música de gaitas e batucada ao ritmo de ?Trópico de grelos? poñían banda sonora a unha gran serpe multicolor na que eran constantes os berros de ?Na Galiza, en Galego?, non por clásicos, menos contundentes ao soar polas estreitas rúas da Zona Vella. Faixas con todos os lemas imaxinábeis, desde ?O galego é a nosa lingua propia? ata ?Paremos o decreto contra o galego? (esta, acompañada polos Bolechas) pasando pola de ?Queremos vivir en galego? ou ?Galego, lingua de revolta e pracer? ou ?A nossa lengua é intrnacional?, que abría o cortexo do Bloco Laranja, os partidarios do ?portugués, o galego máis heavy?. Mais non era día de diferenzas ortográficas, senón de unidade na defensa do idioma do País. Alén diso, houbo unha ampla presenza de organizacións e entidades de todo tipo, así coma de partidos políticos e sindicatos, anque as máis numerosas eran as do campo do nacionalismo.

Do Ortegal ao Miño.

Xosé veu coa súa compañeira e fillo desde Ortigueira, mentres que Ana arribou a Compostela desde A Guarda en compaña dunhas amigas. Ambos coincidían en que estaban alí ?por algo tan simples como defender o noso idioma?. ?O mero feito de ter que explicar qué fas aquí xa indica que non estamos nunca situación de normalidade?. Tamén Carme, de Vigo, deixaba claro que ?hoxe somos moitos, dá gusto, pero tiñamos que ser moitos máis, porque o galego aféctanos a tod@s?. Unha reflexión que comparte Anxo, dun pequeno pobo de Ourense, cando reflexiona que ?temos que rachar coa idea que hai na sociedade de que isto de defender o galego é só cuestión dos galegofalantes. É de tod@s @s galeg@s. Ou cando arderon as Fragas do Eume era algo que só lle tiña que importar aos veciños dalí e aos que foron visitalas algunha vez??.

A mobilización decorría a bo ritmo, entre cánticos, consignas e música. Ao entrar na Zona Vella pola Porta da Mámoa, as inevitábeis fotos e preguntas de turistas. E a resposta amábel mais contundente dunha persoa maior con colante da CIG: ?Somos galleg@s que estamos aquí defendiendo el galleg@ de los ataques de algunas instituciones galleg@s. Y se lo digo en no gallego, mire? (risas ata do turista ?preguntón?).

Colgado o cartel de completo.

A popa da manifestación aínda andaba pola Rúa do Hórreo e xa a Praza da Quintana estaba medio chea. As chamadas da organización desde o palco eran constantes a ir deixando espazos libres na entrada para @s que estaban por chegar. E moitos, finalmente, non poideron acceder por falla de espazo.

A música de Zurrumalla e Os Carunchos animaban desde o palco a entrada das persoas. Seguían entrando de forma constante (nov@s e maiores, familias ao completo e grupos de amig@s, parellas, veciñ@s que acudían no mesmo carro, persoas a xeito individual mais que na Quintana formaron a gran familia polo galego?) cando Fernández Paz deu lectura ao manifesto ?Voares de Esperanza?, escoitado, entendido e aplaudido a cachón.

E aínda intentaba entrar xente na Quintana cando Carlos Callón colleu a palabra. O presidente de Queremos Galego e da Mesa foi quen de transmitir o que moit@s sentían, arrancando apupos (ao mencionar a censura do Concello, que mesmo prohibiu que no palco houbese máis de 15 persoas á vez, polo que ata os propios fotógrafos da prensa tiñan que facer quendas) ou aplausos (cando se referiu a persoas e colectivos que deron mostra de coraxe na defensa do idioma). Un discurso vivo que rematou con ?Viva a língua galega? respostado por milleiros de persoas.

Callón: ?Un goberno que non acredita na súa língua e cultura non pode facer unha boa política?

E Sermos

Sermos Galiza deu o salto ao papel nunca xornada tan significativa. Un número especial gratuito foi repartido entre @s asistentes manifestación. O propio Carlos Callón gabou que o galego volte aos quiosques, dos que algúns semellan empeñados en querer desterralo. Milleiros de exemplares foron repartidos entre @s participantes na mobilización. A súa opinión e o seu apoio, xunto co de milleiros de galeg@s máis, serán á fin quen determine se este idioma ten forza para estar presente en todos os ámbitos dun País que aspira a ter futuro, tamén no xornalístico.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-05-2012 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0