Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

17 MAIO - CARVALHO CALERO
Xosé Manuel Pazo Blanco - Diario de Ferrol

Evidentemente para que o galego sexa algo máis qyue unha lingua litúrxica, como foi o latín, utilizada ceremonialmente; para que o galego sexa verdadeiramente a lingua própria de Galiza, como se di no próprio Estatuto Autonómico en vigor, é preciso que se lle conceda un trato que o poña, polo menos, en condizóns de igualdade no que di respeito á lingua do Estado [...]? ( R.C.C) Ben sei que os académicos da RAG e seu presidente, D. Xosé Luís Méndez Ferrín, coñecen o compromiso coa lingua de D. Ricardo, a súa intensa e profunda actividade académica e a súa achega ás nosas letras a través de todos os xéneros literarios. Alén diso, este Fillo Predilecto de Ferrol, participou na fundación do Partido Galeguista chegando a ser o presidente do mesmo en Ferrol e contribuíu ao anteproxecto do Estatuto do 36. E como miles de compatriotas, tamén, sufriu a represión franquista. Xa van aló 22 anos desde o seu pasamento. E a figura de Ricardo Carvalho Calero permanece na memoria colectiva dos ferroláns e dos galegos. Se cadra, académicos e presidente, chegou a hora de pechar vellas feridas. E darlle a Ferrol e aos galegos a oportunidade dun 17 de maio do 2013 celebrado arredor da figura do ilustre ferrolán. E que na Praza Vella onde Ricardo brincaba cos seus amigos, naquel Ferrol Vello cheo de vida, nos atopemos co futuro que se perde alén mar. Nos continentes por explorar. Na lingua por descubrir.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 15-05-2012 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0