Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Falece o intelectual galeguista Xaime Isla Couto, cofundador da Editorial Galaxia
GALICIA HOXE


O ensaísta, avogado, economista, animador cultural e político do galeguismo, Xaime Isla Couto, presidente de honra e cofundador de Galaxia, faleceu este mércores en Vigo aos 97 anos de idade.

Isla Couto, nacido en Santiago en 1915, participou nos grandes momentos do galeguismo político e cultural, inicialmente desde os equipos Ultreya e as Mocidades Galeguistas, onde entrou en relación con figuras como Francisco Fernández del Riego; e máis tarde dentro do proxecto do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista.

En 1950 Francisco Fernández del Riego e a propio Isla Couto crearon a Editorial Galaxia, posteriormente á creación do suplemento literario do xornal compostelán La Noche.

Desde Galaxia animou os traballos de sociología, economía e estudos de organización local, achegando unha visión nova sobre a economía social que, segundo indica a editorial, "hoxe volve estar de actualidade".

Entre 1958 e 1968 dirixiu a Revista de Economía de Galicia, un dos grandes proxectos da editora neses anos e do que foi subdirector Xosé Manuel Beiras.

GALEGUIZACIÓN DA LITURXIA

Home de profundas conviccións relixiosas, Isla Couto formou parte dos equipos de galeguización da liturxia e comprometeuse coas accións do recoñecemento do galego no Concilio Vaticano II, así como coa creación da editorial Sept (1966), especializada en publicacións de carácter social e relixioso. Entre outros proxectos, esta editorial foi promotora da edición da Biblia e o Novo Testamento en lingua galega.

Xa en 1987, xunto coa súa muller Cristina Novoa e os seus irmáns Manuel e Celso, puxo en marcha a Fundación Isla Couto, especializada en estudos de carácter local, sociolóxico, económico e espiritualidade.

Así mesmo, foi cofundador da Fundación Penzol (1963), da Fundación Otero Pedrayo (1979) --da que recibiu o Premio Trasalba en 1992-- e director de honra da revista Graal. En 1999 ingresou na Real Academia Galega co discurso titulado 'Economía, linguaxe e poder' e, nese mesmo ano, foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-04-2012 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0