Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sermos Galiza ... xa é


Hoxe constituíse formalmente o grupo de comunicación ?Sermos Galiza?. Esta mañá en Compostela tivo lugar a súa primeira Xunta Xeral de Accionistas, na que tiven o gusto de participar. Optouse pola fórmula de sociedade anónima para dar mellor acubillo legal a un proxecto alicerzado nun numeroso accionariado popular, cun gran número de pequenas achegas. Porén, como afirmou Manuel Mera -un dos integrantes do Grupo Promotor que pilotou a xestación do proxecto- ?Sermos Galiza? nace como ?unha verdadeira empresa social, no seu pleno senso?.

Un grupo moi numeroso de persoas ateigaron a sala do Hotel Araguaney facéndoa ficar pequena. Había unha ampla representación de activistas dos movementos sociais, do mundo da cultura e do movemento nacionalista galego. Mais predominaron persoas descoñecidas que puñan en evidencia a base popular do proxecto. Había, e hai, moita fame social de medios de comunicación de noso na nosa lingua. ?Non agardamos por unha burguesía comprometida, tomamos a iniciativa desde a base? explicou Teresa Moure.

A escritora, membra tamén do grupo promotor, foi a encargada de abrir a xuntanza cunha brillante intervención inzada de compromiso, que concluíu cunha ovación de varios minutos. Na mesma, retratou a vocación de ?Sermos Galiza?. ?Somos un proxecto comprometido socialmente, claramente subversivo. Sermos Galiza aspira a constituírse no correo da nación? dixo. Nese senso acrecentou, na conclusión, que ?refugamos da neutralidade. Escribiremos Sermos Galiza para proclamar a revolución?. Unha revolución social, cívica, do pobo, soberanista, desde a nación e para a nación.

O xornal dixital de ?Sermos Galiza? lanzarase á Rede o vindeiro 26 de abril. Coincidirá, como con atino lembrou Pilar G. Negro, coa efeméride dos Mártires de Carral. Unha coincidencia simbólica que pon de relevo que este proxecto é máis unha evidencia de que ?Galiza está viva?, como celebrou o avogado Nemesio Barxa. O semanario impreso sairá do prelo o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. Deste xeito, con ?Sermos Galiza? o galego regresará aos quiosques. Dos que nunca debera ter desaparecido.

Na xunta fíxose presentación dun informe económico e da proxección para este ano. Así mesmo, deuse a coñecer a imaxe gráfica da cabeceira e un esbozo do deseño do dixital, que conciliando identidade e funcionalidade contou coa satisfacción do plenario. Carme Vidal presentou a equipa xornalística, da que fai parte, e anticipou de xeito sucinto a estrutura de contidos. Anunciou que Sermos Galiza contará cun importante banco de imaxes, dos últimos 30 anos da historia de Galiza, e que no dixital haberá espazo tamén para a música.

Non se obviou tampouco a polémica, artificiosa, que ten envolto este proxecto desde a súa primeira fase. ?Nacemos sendo o medio máis criticado antes de publicarse, de aquí en diante só poder ir a mellor? sentenciou cargada de retranca Carme.

Esta primeira Xunta Xeral de Accionistas tomou dúas decisións de importancia. En primeiro lugar elixiu o Consello de Administración que dirixirá a sociedade. Estará composto por 14 persoas. Nel Teresa Moure exercerá a Presidencia, Néstor Rego será o Conselleiro Delegado e Olalla Rodil a Secretaria. A elección do consello contou con 1683 votos (presentes e representados) a prol e ningún en contra. A segunda decisión relevante, tamén por unanimidade, foi a de acordar unha ampliación de capital co obxecto de incorporar todas as achegas que superaron os 300.000? de capital social.

Con todo, Sermos Galiza apenas vén de encetar o seu camiño. Resta moito por andar. No treito que principia de seguido será indispensábel continuar a alargar a activa complicidade social co proxecto. Acadármonos o maior número de subscricións do semanario é a garantía que fará viábel esta utopía posíbel. Depende de vós, de ti.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 23-04-2012 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0