Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

80% de paro no ensino segundo as organizacións de estudantes
Os Comités, a Liga Estudantil Galega, o Sindicato de Estudantes, a Mocidade pola Normalización Lingüística e a Mesa saíron este xoves á rúa para exixir a Feijóo que "?pare nos seus ataques contra o galego?.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/04/2012


As organizacións convocantes da folga estudantil deste xoves aseguran que paro foi ?un éxito? e falan de ?folga masiva? na práctica totalidade da xeografía do país. Así, estiman nun 80% o seguimento dunha folga que tivo como lema?Paremos os ataques contra o galego?.

O alumnado chamado á folga foi o de 2º ciclo da ESO, bacharelatos e ciclos formativos, tanto de grao medio como superior. As organizacións convocantes salientan que o paro foi ?secundado por igual? na práctica totalidade de Galicia, sen grandes diferenzas xeográficas.

Outros apoios

A convocatoria de paro, que tamén contou co apoio das organizacións xuvenís Galiza Nova, área de Mocidade de Esquerda Unida e Mocidade Nacionalista Galega (MNG), non incluíu no inicio concentracións ou outras accións reivindicativas na rúa. Porén, nalgúns casos organizáronse pequenos actos simbólicos ?en defensa do dereito a aprender e a estudar en galego? nas entradas dalgúns institutos. Tal foi o caso en localidades tan dispares como Vigo ou A Fonsagrada.

A Mesa e as súas Mocidades, os Comités, a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes pídenlle a Alberto Núñez Feijóo e ao seu goberno que ?conxuguen o verbo escoitar? e que ?tomen nota da clara mensaxe? que hoxe lles foi trasladada ?en forma de ducias de aulas baleiras?.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 22-04-2012 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0