Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nace o xornal dixital Dioivo, en galego, para contar e contrariar
Galicia Hoxe



"Contar e contrariar. Ese é para nós o alimento do xornalismo, a garantía da súa pervivencia". Con esta declaración de intencións nace este mércores, 29 de febreiro, o novo xornal dixital Dioivo, un nome que tamén quere dicir moito do seu espírito, xa que describe un diluvio, segundo os seus promotores, de información interpretada e de relato crítico da realidade galega. Con reportaxes, crónicas, entrevistas, blogs, humor gráfico, vídeo, opinión... que cuestionan, desde o medio dixital, a vixencia dos xéneros e de certos tópicos informativos.

Os creadores deste novo espazo son xornalistas que, como eles mesmos se describen no sitio web www.dioivo.eu, "somos unha presada de mulleres e homes aínda apaixonados pola súa profesión. Axúntanos a experiencia de anos nos medios de comunicación galegos, unha visión compartida deste país e o afán por impedir que a crise das empresas xornalísticas bote terra sobre un nobre oficio, o de contar e contrariar, que nunca, coma hoxe, foi tan necesario. Dioivo é, en realidade, unha Unión Temporal de Xornalistas; unha folla dixital mutante, con alma de panfleto; un clúster de exiliados da prensa tradicional, con afán de desfogar e tecer redes de colaboración para o futuro, aquí, nesta plataforma espontánea, ou noutro lugar".

Dioivo é tamén unha asociación cultural a través da cal se pode colaborar economicamente. Para iso hai que cubrir un formulario e, a partir dunha cantidade mínima anual de 20 euros, "convérteste en socio da Asociación Cultural DIOIVO e colaboras na sustentabilidade dun novo medio de comunicación galego".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 28-02-2012 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0