Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Henrique Monteagudo, no seu ingreso na Real Academia, denuncia "a grave crise da lingua" diante do conselleiro Jesús Vázquez
EDUARDO CARBALLO - GALICIA HOXE


diante do conselleiro Jesús Vázquez, executor entusiasta dun modelo de trilingüismo moi controvertido, e dos secretarios xerais Anxo Lorenzo, co que mantén unha excelente relación persoal, e Valentín García, o filólogo Xosé Henrique Monteagudo Romero (Muros, 1959) aproveitou o acto do seu ingreso na Real Academia Galega para denunciar "a grave crise da lingua" e alertar das "ameazas que se cernen sobre o seu porvir" . A solemne cerimonio tivo lugar no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia, co presidente Méndez Ferrín e a plana maior da RAG presentes. No seu discurso de ingreso, 'Facer país co idioma', Monteagudo rexeitou "a falacia da imposición do galego" e defendeu que "a normalización lingüística é un propósito inseparable da autonomía de Galicia". O ex secretario do Consello da Cultura Galega ocupa xa a cadeira que pertencera a Manuel Lugrís Freire, de 1905 a 1940; Gonzalo López Abente, dende 1941 ata 1963; e Antonio Gil Merino, de 1975 ao 2009.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 26-02-2012 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0