Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Monteagudo ingresa na Real Academia Galega denunciando «a grave crise da lingua»
O filólogo de Muros alerta das «ameazas que se cernen sobre» o idioma e reivindica a normalización «como propósito inseparable da autonomía» do país.

M. CHEDA - La Voz | Santiago 25 de febrero de 2012

Elixido para o cargo o 30 de abril do 2010, Xosé Henrique Monteagudo Romero (Muros, 1959) é desde hoxe membro numerario da Real Academia Galega. O filólogo ingresou na corporación a primeira hora da tarde, no marco dun acto que ven de ter lugar no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia. Ao mesmo asistiron, entre outros, o conselleiro Jesús Vázquez e máis os secretarios xerais tanto de Cultura, Anxo Lorenzo, como de Política Lingüística, Valentín García.

Ocupará unha cadeira que anteriormente pertencera a Manuel Lugrís Freire

A partir de agora, Monteagudo ocupará unha cadeira que anteriormente pertencera a Manuel Lugrís Freire, de 1905 a 1940; Gonzalo López Abente, dende 1941 ata 1963; e Antonio Gil Merino, de 1975 ao 2009. No seu longo discurso de toma de posesión, titulado «Facer país co idioma», este mediodía denunciou «a grave crise da lingua» e alertou das «ameazas que se cernen sobre o seu porvir». Ademais, proclamou: «A normalización lingüística é un propósito inseparable da autonomía de Galicia». E non rematou sen antes cargar contra «a falacia da imposición do galego» e o «monolingüismo ultraliberal [español]» propio dos tempos.

"«A normalización lingüística é un propósito inseparable da autonomía de Galicia»"

Coma procede en cerimonias así, a súa alocución, escoitada por uns 250 asistentes e moi aplaudida, contestouna un académico de número, neste caso, Rosario Álvarez Blanco, quen gabou o «espléndido discurso» e expuxo «os seus méritos mediatizados polo afecto». «Monteagudo -engadiu- ama as palabras, os xiros, [...] a lingua toda».

Presidida por Xosé Luís Méndez Ferrín, trala nova incorporación, a nomeada institución compóñena na actualidade 27 persoas, un 85,2 % das cales son homes e só un 14,8 mulleres. Formalmente, quedan por cubrir tres vacantes, as deixadas por Francisco Xavier Río Barja no 2011 e, no 2010, por Francisco Fernández del Riego e Olga Gallego Domínguez.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 26-02-2012 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0