Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A nación literaria e a literatura en clave nacional
A escrita en galego está unida dende o principio á política e ao nacionalismo, incluídas as súas leas.

Óscar Iglesias - El País - 23 FEB 2012


O nacionalismo galego ten unha fundación literaria e máis diverxencias contemporáneas coa literatura, sobre todo desque tocou poder. Un escritor pode ser marxinado, pero é raro que traduza ese silencio expresivo como un xeito de dicirlle ?se non está contento, que marche?. O que non pode é ser expulsado do sistema literario nin escindirse del. Nun escenario de ruptura do nacionalismo político aleado na marca BNG durante os últimos trinta anos, críticos e escritores propoñen liñas de fuga para entender a relación entre a ideoloxía auroral e o campo literario. Moi trabada, como en todas as culturas que aínda loitan pola supervivencia, o que sempre alimenta o indicíbel. O que se di pero non se asina.

É por iso que a Álex Alonso Nogueira, alumno do finado Xoán González Millán ?que distinguiu nacionalismo literario da construción romántica literatura nacional?, lle resulta difícil separalos como obxectos de investigación. ?Os intelectuais nacionalistas, de Murguía a Ferrín, pasando por Piñeiro, acudiron á literatura para definir a identidade nacional, para constituír unha memoria pública e, por último, para establecer os lindes da comunidade, que en certo sentido chega onde chega a lingua?. Que para politólogos e historiadores a literatura sexa ambigua por demais, e que para os filólogos o valor do texto veña definidio ?en grande medida pola enxebreza da lingua ou pola adscrición ideolóxica do autor?, di, ?hoxe non deberían ser excusas para asumir que o discurso nacionalista, onte e hoxe, prodúcese e socialízase a través de prácticas literarias. Para ben e para mal?.

A traxectoria de Xosé Luís Méndez Ferrín, o máis parecido a un escritor nacional ?o secretario xeral da UPG, Francisco Rodríguez, apúxolle algunha vez o sonsonete a Lois Diéguez?, daría para tracexar unha historia apócrifa do canon literario en Galicia. Con alusións idealistas ?a Ilustración en Galicia?, Ferrín nega que o discurso literario suplantase algunha vez o histórico: ?Desde María Francisca de la Isla ou Cornide, o discurso literario en Galicia sempre foi comprometido e autónomo?.

González Gómez: ?Desde 1997 visualízase que os literatos non poden estar ?no poder??

Dende outra xeira, para Dolores Vilavedra habería que empezar por Rosalía. ?É na súa obra onde se insire unha idea de nación a escala humana?. A autora do último manual histórico de literatura galega menciona o ?obrigado divorcio?, tras a guerra, ?entre o discurso literario e o de reivindicación nacional?. Sobre o papel, é o pouso da Nova Narrativa o que permite, avanzados os 70, ?debuxar un escenario de diversidade?. ?Hai un sector de público que demanda unha literatura coa que identificarse ou satisfacer ese pulo nacionalista, cun sector do nacionalismo ortodoxo que premia este traballo, e hai un sector da sociedade á que non lle interesa nada iso en termos literarios?.

Que Cara a Times Square (1980), de Camilo Gonsar, penetrase menos no ensino cás diferentes reelaboracións da materia de Bretaña, entroutras apropiacións fantásticas do pasado, non sería indicativo dunha decalaxe entre crítica e produción literaria, segundo opina: ?Xa non hai unha ortodoxia literaria na cultura en galego, e penso que os críticos combatemos eses intentos?. Da sorte do realismo, neste ámbito do posíbel, fala tamén Xesús González Gómez, radicado en Barcelona e durante moito tempo crítico de narrativa n´A Nosa Terra.

Como Vilavedra, partilla gusto por Carlos Casares, no seu caso como ?escritor realista?. XGG recorda que no tirapuxa entre Paco del Riego e Ramón Piñeiro por, respectivamente, máis ou menos realismo en Galaxia, a primeira gran visión apegada ao real tívoa que publicar Luís Seoane en Bos Aires. É A esmorga (1959), de Blanco Amor, que accedeu na emigración á narrativa hispanoamericana (e a Manhattan Transfer, de John Dos Passos). Nos 70, antes do seu alleado final, o ourensán reflexionaba sobre as proxeccións do individual e o colectivo nunha mesma linguaxe coma ?dun aspecto misional (ou maniático, dito dun xeito menos agresivo) no que o autor se declara incurso con outros da súa xeneración e de outras denanteriores?. ?Trátase?, escribe, ?dun certo empeño patriótico-social, aínda esixíbel á tarefa galega no tempo en que esto se escribe, e de modo especial á prosa de invención?.

Vilavedra: ?Xa non hai unha ortodoxia literaria na cultura en galego?

Unha historia literaria a partir dun certo nacionalismo tamén se podería enxergar cun texto de ficción. Habería sitio para a ?proscripción da cultura de masas, e non precisamente por seren adorniáns?, ironiza XGG. Tamén para poeta nacional como etiqueta instantánea ?así Manuel María como Fernán Vello?, as chamadas ao boicot de Woyzeck ?o libreto de Büchner que inaugurou o Centro Dramático en 1984, en curiosa sincronía co primeiro Xerais de Carlos Reigosa por Crime en Compostela?, ou o desprazamento do canon de poemarios como E direivos eu do mister das cobras, de Manuel Vilanova. Tamén para a paralaxe entre a crítica poética actual e o historicismo da narrativa, que case non trata dos vivos.

Entre as vantaxes dun tempo onde o libro é un obxecto máis, o catedrático de Filoloxía na USC Antón Figueroa, autor en 2010 de Ideoloxía e autonomía do campo literario, sinala que o sistema literario ?xa non se pode organizar?. ?Quen planifica a subversión??. Noutra proba de autonomización, así como devece a importancia dos premios, ?a lectura é menos militante, máis autónoma?. XGG sitúa o cambio de paradigma en 1997, cando o sorpasso do BNG: ?Daquela o Bloque amalgamaba toda a forza política do nacionalismo, e os literatos, ao non poderen estar no poder, teñen que desprenderse da militancia?.

Se a literatura, en sentido amplo, suplantou de vez o discurso histórico nalgún momento, esa época en Galicia non foi o Rexurdimento nin a resistencia cultural durante o franquismo. ?Ese tempo sería o actual?, apón o crítico e profesor Arturo Casas. ?Sobre todo pola asunción cultural de que ese pacto resulta paliativo en termos de convivencia política?. ?Por suposto?, segue, ?é unha forma de autoengano, un ?non querer saber?. Iso explica, sen irmos máis lonxe, o fracaso social da Lei de Memoria Histórica?.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 26-02-2012 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0