Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sermos Galiza nacerá en marzo e Dioivo este mes
O ex-edil do BNG Nestor Rego argumenta que Sermos nace "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/02/2012


O diario dixital que promove o grupo de comunicación Sermos Galiza botará a andar o próximo mes, segundo adiantou un dos seus promotres, Néstor Rego, a Cuarto Poder. Pola súa banda a data de lanzamento de Diovio, outro dixital en galego, prevese que sexa en torno a finais de febreiro.

Sermos: información independente só en "páxinas de escaso seguimento"

Rego, ex-concellal do BNG en Santiago, argumenta que o Sermos Galiza nace "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica, que ficou reducida a páxinas de escaso seguimento".

En declaracións a Cuarto Poder o político nacionalista explica que contan contratar entre 8 e 10 redactores para un semanario en papel, cuxa data de lanzamento podería ser abril ou marzo.

Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informa Periodista Digitalcitando ao propio Rego. O promotor destaca a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.

Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, como o sindicato nacionalista CIG, que suscribiron unha parte do accionarado.

No grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista; aínda que os máis numerosos son militantes da UPG, como o propio Rego, ou da coalición deste partido, o máis forte no Bloque, con independentes, a Alternativa pola Unidade.

Praza: na busca de modelos de financiamento

Pola súa banda, Marcos Pérez Pena, director de Praza Pública, explica en Cuarto Poder que o novo dixital querería pasar a ser de pago tras un tempo de transición até que o público vese normal pagar polos contidos impulsado polo progresivo cambio de política dos grandes medios. Polo de agora a nova cabeceira, estreada o 1 de febreiro, manterase a base de donativos e aportacións dos patronos dunha Fundación creada ad hoc.

Pérez Pena argumenta que "a oferta de determinados contidos na súa lingua [o galego] disminiu até case desaparecer" e critica o recorte das axudas da Xunta á prensa en galego.

Dioivo a punto de saír do forno

Para completar os movementos nos medios en galego, o 29 de febreiro está previsto o nacemento de Dioivo, "un proxecto que nace da vontade dun grupo de xornalistas desempregad@s da Galiza", explican os promotores, entre os que están ex-profesionais deGalicia Hoxe e Xornal de Galicia.

Tal e como e xa publicou este xornal, tamén hai outro proxecto xornalistico en cernes que estaría impulsado por xornalistas do desaparecido Xornal de Galicia. O equipo de GC deséxalle a mellor das sortes a todos os proxectos que acaban de nacer ou que botarán a andar nos próximos meses, enriquecendo o panorama mediático do país
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-02-2012 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0