Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O portavoz de Lingua do PSOE equipara a política lingüística de Feijoo ?coa concepción folclórica da gaita galega?
Cerviño acusa a Vázquez dunha visión folclórica da lingua. O conselleiro de Cultura celebrou en Pontevedra o Día da Lingua Materna.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 21/02/2012


O portavoz de Lingua Grupo Parlamentario Socialista Francisco Cerviño equiparou hoxe a política lingüística de Feijoo ?coa concepción folclórica da gaita galega?. O deputado fixo esta afirmación, trala celebración en Pontevedra por parte da Consellería de Educación, do Día Internacional da Lingua Materna.

Cerviño acusou ao Conselleiro de Educación ?de ser o máximo executor das políticas de desprotección da lingua galega?.

O deputado afirma que a folla de ruta de Feijoo tivo consecuencias nefastas como a derrogación do decreto sobre a lingua galega no ensino primario e na ESO ou a modificación da Lei da función pública para eliminar a obrigatoriedade dun exercicio en lingua galega para todos os opositores.

Cerviño dixo tamén que o Goberno da Xunta segue tomando medidas restritivas sobre a lingua pola vía orzamentaria. O político lembra que se reduciron os orzamentos de apoio discriminatorio á lingua galega, o que está levando á "práctica desaparición dos Equipos de Normalización Lingüística".

Cerviño tamén criticou a "minoración das edicións en lingua galega, tanto de libros como de medios de comunicación". En opinión do Deputado, estes recortes trouxeron "a perda de tódolos xornais en papel ou dixitais que se editaban en galego".

Por ultimo emprazou ao Conselleiro de Cultura a festexar a lingua galega ?con respecto, con compromiso, con seriedade e con propostas que axuden a fornecer e a florecer o noso idioma?.

Acto da Xunta

Pola súa banda o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou hoxe a importancia de ?abrirlles ás nenas e aos nenos as portas do galego como primeiro paso para abrírllelas ao plurilingüismo?

Na celebración do Día Internacional da Lingua Materna, acto presidido polo conselleiro na Escola Infantil do Centro Príncipe Felipe (Pontevedra), Vázquez Abad destacou o valor do plurilingüismo, ?que garantirá o éxito dos máis novos nun mundo cada vez máis esixente, aberto e complexo?. ?Ese é o noso obxectivo: contribuír ao esforzo común polo futuro dos nosos pequenos, un futuro que ha conxugarse, tamén, en galego?.

Co gallo desta celebración, na que estivo acompañado polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello; o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén Barcala; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o delegado da Xunta na provincia, José Manuel Cores Tourís; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o director do Centro Príncipe Felipe, José Manuel Fernández, o conselleiro incidiu na necesidade de transmitir a lingua propia de Galicia, ?que leva aparellada unha cultura singular?, ?un patrimonio que debemos transmitir ás próximas xeracións para que elas, coma as anteriores, poidan continuar construíndo a súa identidade individual e colectiva arredor da lingua galega, igual ca as xeracións pasadas?.

A Escola Infantil do Centro Príncipe Felipe ? dependente da Deputación de Pontevedra- celebrou hoxe o Día Internacional da Lingua Materna con este acto institucional que incluíu o concerto musical para bebés e familias ?Arrolos no colo da fala?, a cargo dos músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández.

Desde o ano 2000, a UNESCO celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna. A Xunta de Galicia leva tres anos sumándose a esta efeméride orientada a promover a transmisión interxeracional das linguas non maioritarias.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 21-02-2012 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0