Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

En defensa do traballo dos servizos de normalización lingüística
Institucións como a RAG, o ILG ou as universidades apoian un comunicado no que piden compromisos reais e recursos para o seu mantemento

GALICIA HOXE - SANTIAGO - 15.02.2012


Real Academia (RAG), Instituto da Lingua Galega (ILG), universidades, asociacións en defensa da lingua e administracións locais apoian un comunicado en defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL), e piden compromisos reais e recursos para o seu mantemento.

«Que todas as administracións públicas adquiran o compromiso real de fomentar o uso e prestixio da lingua galega, con prácticas coherentes con ese compromiso e coa posta en marcha de medidas decididas e eficaces na procura da normalización lingüística», que se «procure acadar a porcentaxe do 0,3% do orzamento xeral para o fomento da lingua» ou que se cree «unha estrutura real e coordinada de servizos técnicos para a normalización lingüística que abranga o conxunto do país, que consiga mellores resultados e rendibilice mellor os recursos públicos».

Estas son algunhas das propostas que inclúe o comunicado En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL) impulsado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) e que conta co apoio de concellos como os de
Betanzos, Carballo, Carral, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Culleredo, Narón, O Barco de Valdeorras, Pontevedra, Salceda de Caselas, Teo ou Vimianzo, da Deputación de Lugo, dos departamentos de galego das tres universidades, da Real Academia Galega (RAG), do Instituto da Lingua Galega (ILG), da Mesa pola Normalización Lingüística, da Associaçom Galega da Língua (Agal) ou da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).

No comunicado feito público pola CTNL declárase que o traballo dos SNL procura «avanzar no c onsensuado proceso de normalización da lingua galega» e que estes desenvolven un labor «necesario, xusto e ilusionante de fomento do galego no nivel de contacto máis directo coa cidadanía». Así, indícase, os SNL «contribúen a difundir do xeito máis próximo entre a poboación, por exemplo, as creacións culturais galegas, desenvolven accións de dinamización da lingua, achéganlle á poboación máis nova alternativas de lecer en galego, difunden e xestionan cursos de formación en lingua galega, velan pola calidade lingüística e comunicativa das institucións, velan pola garantía dos dereitos lingüísticos, etc.».

Sinálase que «aínda que a situación dos SNL é moi precaria, chegar a ela significou un proceso de anos que non podemos botar por terra», e denúnciase a suspensión das axudas para a normalización lingüística desde os concellos por parte da Xunta en 2011 ou a drástica redución das axudas por parte da Deputación da Coruña, o que pon en perigo moitos dos SNL existentes, dos que ao remate de 2011 xa pecharon 16 por estes motivos.

Desd e xeito, no comunicado demándase da Xunta que asuma a súa competencia de «impulsar e coordinar os SNL e de colaborar co fomento do uso do galego nos concellos, para o que debe dedicar os suficientes recursos económicos e materiais de xeito estábel». Para iso, proponse que «se cree unha estrutura real e coordinada de SNL que abranga o conxunto do país». Proponse tamén que, tanto concellos como Xunta, dediquen o 0,3% do seu orzamento xeral ao fomento da lingua, investindo eses recursos en «accións de fomento do galego e en servizos técnicos para planificar e xestionar o proceso de normalización lingüística». Neste momento son moi poucos os concellos que chegan a esa porcentaxe, e a Xunta de Galicia nin sequera chega ao 0,1% (dedícalle en 2012 o 0,09% do seu orzamento xeral á política lingüística, mentres en 2005 lle dedicaba máis do dobre, o 0,23%).

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL. Comunicado completo en .pdf

Apoian o comunicado:
-Real Academia Galega (RAG)
-Instituto da Lingua Galega (ILG)
-Deputación de Lugo
-Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña (UdC)
-Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo
-Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
-Associaçom Galega da Língua (Agal)
-Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG)
-A Mesa pola Normalización Lingüística
-Concellos de Betanzos, Carballo, Carral, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Culleredo, Narón, O Barco de Valdeorras, Pontevedra, Salceda de Caselas, Teo, Vimianzo...
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-02-2012 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0