Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Concello organiza unha ducia de actividades de fomento do galego
Viernes, 10 de Febrero de 2012 00:00

Diario de Ferrol

c.r.c. > ferrol


O concelleiro de Normalización Lingüística, José Manuel Vilariño, deu a coñecer onte a programación que dende a súa área se proxecta para este primeiro semestre do ano.
As actividades, unha ducia delas, irán dirixidas especialmente ós nenos e ós rapaces, nos que resulta máis doado o cambio de hábitos lingüísticos.
Entre a programación, na que se colaborará tamén coas Equipas de Normalización Lingüística dos centros de ensino, así como coa Dirección Xeral de Política Lingüística, atópanse dúas propostas que engloban todas as actividades: ?Ferrol con lingua? e ?FalaRRedes?.

A primeira, desenvolvida en exclusiva polo Concello e as Equipas, inclúe un Clube de debate, que consiste na confrontación de argumentos entre dous equipos de mozos de entre 14 e 18 anos dos centros escolares. O prazo de inscripción remata este sábado e segundo explicou a técnica de Normalización, Beatriz Bascoy, xa hai uns tres centros ?con grupos de entre catro e dez alumnos? interesados en tomar parte. A fase comarcal deste concurso terá lugar o 24 de marzo e no Clube de debate participan los concellos de As Pontes, A Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Betanzos, Carballo, Oleiros, Teo, Rois e Carral.
Outra actividade deste apartado será o certame de Poesía e Imaxe ?En galego sen filtro?, que chega á súa duodécima edición e que consiste en pór imaxes a textos de diversas linguas do mundo, traducidos ó galego.
?Imos de cine? será unha das novas experiencias deste semestre, con proxeccións dirixidas a Infantil e Primaria. Serán pases no Jofre de filmes en galego, como ?A flor máis grande do mundo?. ?A nena que tiña unha soa orella?, ?O soldadiño de chumbo? ou ?Maxia na auga?.
Obradoiros de portugués simple, para rapaces ou a continuidade de A Mocidade coa Lingua completan a programación do programa ?Ferrol con lingua?.
En canto a ?FalaRRedes?, que coodina a Xunta e na que participa o Concello, José Manuel Vilariño deu conta das iniciativas ?Galego de cine?, que ofrece contidos audiovisuais producidos en galego; ?O señor das dunas?, contacontos para todos os públicos; e ?Títeres Hop?, obradoiros musicais e teatrais para adolescentes.
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 11-02-2012 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0