Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UNHA LINGUA NA UCI
GALICIA HOXE

Tesoirada do 70% nas axudas para o fomento do galego nos colexios públicos e privados

SANTIAGO. EDUARDO CARBALLO


A lingua galega segue na UCI pola política de recortes coa que a castiga a consellería que goberna Jesús Vázquez. Os centros de ensino non universitario, tanto públicos como privados, terán este curso menos fondos para dedicar ó fomento do galego. A convocatoria anual da Consellería de Cultura e Educación para esta clase de proxectos impón un recorte que chega ao teito do 70% dos orzamentos. A rebaixa é case homoxénea. O DOG establece que os centros públicos disporán de 250.000 euros fronte ós 800.000 do curso 2010-2011, un 68,7% menos. Os privados pasan de 50.700 a 18.000 euros, e perden un 65,5%.
Os grupos de traballo dispoñen agora dun mes para presentar as súas propostas, que serán avaliadas por unha comisión. O fallo dependerá da calidade do proxecto (80%) e do número de alumnos (20%). As contías máximas reduciranse tamén con respecto ao ano pasado: de 2.000 a 1.250 euros nos centros con máis de 50 estudantes, de 500 a 300 euros nos que teñen entre 50 e 25 matriculados e de 150 euros naqueles con menos de 25.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 26-01-2012 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0