Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Xunta reduce os cursos de galego un 22%
Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/01/2012


A convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos certificados de galego terá un 41% menos de orzamento este ano. Os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga redúcese drasticamente respecto da convocatoria do pasado ano, deixando a 11 localidades sen garantía de oferta, segundo denuncia a CIG.

Na orde publicada no DOG do 9 deste mes o orzamento destinado á realización destes cursos preparatorios redúcese en máis do 41%. Na convocatoria de 2011 o orzamento destinado a esta actividade ascendía a 450.000 ?. Na convocatoria para 2012 o orzamento redúcese en 185.000 ?, di a central.

En 2011 a Xunta ofertaba 58 cursos de xestión directa repartidos entre as sete cidades (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) e as vilas de Betanzos, Culleredo, Ribadeo, Monforte, Sarria, Vilalba, Viveiro, O Barco, Verín, Celanova e Ribadavia.

Porén este ano soamente realiza unha convocatoria directa de 43 cursos (un 22,5% menos), sen realizar oferta ningunha fóra das sete cidades, polo que non queda garantido que haxa oferta fóra das sete cidades.

A CIG denuncia que "a Xunta do PP está utilizando a súa falsa política de austeridade para ir reducindo as axudas e as iniciativas a prol do uso e o coñecemento do noso idioma nun momento no que todos os estudos científicos indican que o galego está reducindo o seu espazo lingüístico na sociedade".
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-01-2012 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0