Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Bases do XII Certame de creación artística Poesía e Imaxe
EN GALEGO, SEN FILTRO


1.- Poderá participar todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino ?públicos, concertados ou privados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.

2.- As persoas participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal en calquera destas modalidades: debuxo, pintura, colaxe e fotografía ou, de ser alumno/a de 2º ciclo da ESO, Bacharelato ou ciclos formativos, nalgún soporte relacionado coas TIC (vídeo, 3GP, flv, avi, mp4 .mov ou calquera outro de uso habitual). As obras en soporte relacionado coas TIC poderán ter un espazo máximo de 10 megas

3.- Para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha (1) de entre as 15 propostas poéticas da literatura universal recollidas no anexo destas bases, o autor ou autora deberá indicar o texto seleccionado e esta autoría deberá ser individual. No caso de optar á modalidade de novas tecnoloxías, deberase indicar o texto seleccionado e esta autoría poderá ser individual ou colectiva

4.- Niveis de participación:

- Educación Infantil
- 1º/2º/3º de educación primaria
- 4º/5º/6º de educación primaria.
- ESO
- Bacharelato e Ciclos Formativos

5.- Os centros participantes desenvolverán as súas actividades en dúas fases:

a) fase nos centros
b) fase intercentros

6.- Na fase do propio centro realizaranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co da expresión plástica ou as novas tecnoloxías. O centro seleccionará nesta fase unha única obra por nivel definido na base 4 para participar na fase intercentros excepto na modalidade das novas tecnoloxías, en que cada centro poderá enviar un polo nivel da ESO, un de Bacharelato e un de Ciclos Formativos.

7.- Os centros deberán enviar os orixinais seleccionados (unha obra por nivel definido na base 4 e conforme co artigo 6), quer en man, quer por calquera outro medio, antes do 21 de marzo de 2012.

Os traballos seleccionados deberán enviarse a:

Equipa de Normalización Lingüística
IES Concepción Arenal
Rúa de Cuntis , 1 (15402) ? Ferrol


8.- A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e o Concello de Ferrol - Normalización Lingüística - nomearán un xurado que seleccionará de entre as obras presentadas para a fase intercentros un máximo de vinte e cinco (25) cadros e dez (10) obras da modalidade de novas tecnoloxías atendendo aos seguintes criterios:
- calidade estética
- orixinalidade
- interrelación entre a linguaxe poética e a linguaxe plástica e visual

9.- O xurado garantirá que cada nivel estea representado por un mínimo de cinco obras, sempre que se ateñan aos criterios do punto 8 destas bases, e poderá declarar o certame total ou parcialmente deserto. A súa decisión será inapelábel.

10.- Todos os orixinais presentados na fase intercentros pasarán a ser propiedade da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística . Os traballos editados pasarán a ser propiedade do Concello de Ferrol. O Concello de Ferrol poderá doárllelos aos centros de ensino nos que estean matriculados os/as alumnos/as seleccionados/as.

11.- Coas obras seleccionadas o Concello de Ferrol realizará unha exposición pública no mes de maio de 2012 e os traballos realizados nalgún dos soportes relacionados coas TIC, referidos no artigo 2, exporanse nas páxinas web do Concello de Ferrol, na páxina web da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística e ademais en calquera outro espazo que estas dúas entidades acorden coa conformidade dos centros de ensino correspondentes e dos autores e autoras das obras.

12.- A participación no certame implica a aceptación destas bases. A súa interpretación correspóndelle ao xurado.

Ferrol, xaneiro de 2012.


Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-01-2012 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0