Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RETALLOS DUNHA ÉPOCA
GALICIA HOXE

Política lingüística (1)

XOSÉ RAMÓN LÓPEZ BOULLÓN


O nomeamento do novo secretario de política lingüística non deixa indiferente a ninguén xa que é unha decisión política máis, un acto de poder da administración como instrumento de decisión e de poder que é, para lle dar continuidade, como se expresa na toma de posesión, aos proxectos, obxectivos e tarefas que a consellería de educación e o Goberno galego teñen a respecto da política lingüística.

E, a política lingüística non é outra cousa que tomar e instrumentar decisións políticas, de aí a palabra política. O lingüístico é, neste caso, o adxectivo, o referido ao campo de actuación daAdministración en materia lingúística, de xeito oficial e por medio da lexislación e de actuacións políticas que procuran determinar o uso da lingua e outros aspectos que rodean a este uso por parte dos falantes e garantir os dereitos destes a usaren e manteren a súa lingua.

A política lingüística debe ter en conta a realidade sociolingüística concreta do territorio que abrangue a administración que exerce esa política lingúística desde un ente ou departamento concreto e específico que se ocupa de emprender accións lingüísticas determinadas: lexislación, formación, promoción, dinamización ou ofrecerlles aos cidadáns diferentes axudas e servizos en materia lingüística e de lingua.

De acordo con isto, considerando a lingua e o seu uso, a política lingüística, en Galicia debe ter presente a situación lingüística da súa lingua propia, instrumento de expresión da comunidade no seu conxunto.


De aí a importancia da normalización e do esforzo por normalizala e potenciala como vehículo de comunicación e de cultura dun pobo que a ten de seu.


O mellor instrumento da normalización é a planificación lingüística. Galicia conta cunha Lei de normalización e cun Plan xeal de normalización lingüística, que seguir e que deben favorecer o uso do idioma nos distintos ámbitos da sociedade e garantir que calquera cidadán poida vivir plenamente en galego.

Agora ben, para acadar este obxectivo colectivo, necesítase algo máis ca un conxunto de decisións que conlevan pór en marcha determinadas accións; porque esas decisións e esas accións poden resultar as peores decisións para a situación lingüística dese territorio e a lingua dese territorio.

Precísase pois que esas decisións e accións respondan como así foi cando se aprobou o nomeado Plan de normalización a un compromiso colectivo e asumido por todos, tal e como se sinala nas verbas de Valentín García, chamándolle ás cousas polo seu nome, para construírmos colectivamente este país.

Só así será posible avanzar. Este é o reto e o ánimo que coñece de primeira man un técnico de normalización coma el, para podermos avanzar no labor normalizador que non é outro que avanzar, sumar, na extensión e no prestixio do galego.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 17-01-2012 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0