Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Anxo Lorenzo insiste no plurilingüísmo mentres Ferrín ve o galego "asoballado"
GALICIA HOXE

VISIÓNS MOI DISTINTAS DA LINGUA

O secretario xeral de Política Lingüística busca un acordo para "organizar" o plurilingismo en Galicia // O presidente da RAG reivindica os mesmos dereitos para todas as linguas


O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, avogou por alcanzar un acordo en Galicia para decidir "en que debe consistir o verdadeiro plurilingüísmo e como organizalo", na inauguración das VIII Xornadas Linguas e Usos da Universidade da Coruña.
Neste acto, no paraninfo do Reitorado, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, advertiu de que o galego é nestes momentos unha lingua "asoballada".
Na súa intervención, Méndez Ferrín reivindicou a necesidade de evitar que culturas como a galega sexan "deglutidas" por outras. "Todas son iguais en dereitos", remarcou o presidente da RAG.
Pola súa banda, o secretario xeral de Política Lingística considerou que existen "moitas razóns" para defender as linguas e argumentou que hai unha "maioría que defende a diversidade lingüística".
Con todo, sinalou que "a dificultade de acordo" está en determinar en que debe consistir "o verdadeiro plurilingismo e como organizalo", aínda que no caso de Galicia argumentou que non ve "demasiadas dificultades" para afrontar este proceso.

PAPEL DAS UNIVERSIDADES
O reitor da UDC, José María Barja, ó que Anxo Lorenzo expresou o recoñecemento seu e da Xunta ante o fin do seu mandato, argumentou que Galicia "sabe moito do que significa o abandono da lingua materna". Por iso, reivindicou a "obrigación" das universidades galegas "para reverter esta situación" tanto desde a propia actividade universitaria como co seu posicionamento institucional.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 30-11-2011 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0