Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Prolingua pide a renuncia aos "Premios da Cultura Galega"
"Facemos un novo chamamento a cada unha das persoas premiadas para non abonaren coa súa presenza as agresións contra o dereito a vivir libre e plenamente no idioma galego". É a petición que esta plataforma lle fai ao dramaturgo Quico Cadaval, o gaitero Carlos Núñez ou á actriz María Pujalte.


Por Galicia Confidencial - Compostela - 14/11/2011

Hai uns días, a Consellería de Cultura fixo públicos os nomes das persoas e institucións galardoadas dos "Premios da Cultura Galega" de 2011 logo de lle cambiar o nome a este galardón e de suprimir a dotación económica.

É o segundo ano que o actual goberno da Xunta de Galicia convoca e reparte estes premios que teñen sido criticados por varios colectivos. Novamente Prolingua, unha plataforma fundada en 2009 para impulsar e defender o galego, critica a concesión destes galardóns e pídelle aos premiados que non os recollan.

Unha petición que argumentan na política lingüística do PP desde que chegou á Xunta. "Lonxe de rectificar as prácticas destrutivas no ámbito cultural e lingüístico que puxo en marcha desde o inicio, tamén este ano vimos como o goberno de Núñez Feijoo recrudecía o acoso contra moitas das institucións que serven ao mandato legal e á obriga moral d e promover o idioma. Continúanse negando os recursos mínimos para contribuír á permanencia das editoras, do teatro, dos equipos de normalización, do sector audiovisual, dos xornais; de toda iniciativa, en suma, que faga da lingua galega un factor estratéxico na recuperación social e económica deste país", denuncia.

"Regresión" cultural e lingüística

Por iso, esta asociación di que "comparte a alarma" da sociedade ante estas prácticas do Goberno galego que, di, "se disfraza outra vez de promotor cultural" mentres leva a cabo a "peor regresión que se recorda non só en materia lingüística, senón tamén e precisamente no ámbito da cultura".

Na presentación desta plataforma, apartidaria e plural, estiveron hai dous anos, nacionalistas como Xosé Manuel Beiras ou Camilo Nogueira, socialistas coma José Rodríguez Pardo ou populares como Rafael Cuiña, entre outros,

O pasado ano, o escritor Agustín Fernández Paz, galardoado con este premio, renunciou a el ao considerar lesiva a política que o PP está realizando contra a lingua e a cultura galega.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 14-11-2011 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0