Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tirado do blog de Xabier Pérez Docampo
October, 2011

NOVA TERMINAL DE LAVACOLLA: DA LINGUA ESCARNECIDA



Pola vía de Martin Pawley chégame esta foto que fixo a amiga María Solar. Está na nova terminal de Lavacolla, esa que acaban de inaugurar hai uns días. Alguén, o/a responsábel da sinalética, o/ director/a do aeroporto, a empresa que se encargou de facer os carteis, algún deles, ou todos (que é o que máis ben creo) é un analfabeto absoluto ou forma parte dunha conspiración contra a nosa lingua. Ningún galego ou galega, ningunha persoa que leve vivindo en Galicia máis de seis meses e teña a ESO aprobada ignora que sún non di nada e aí debe dicir súa e iso debera darlle para comprobar ou mandar comprobar o letreiro, polo menos, tanto como se recomenda comprobar a etiqueta da equipaxe. Pero o desleixo no propio estase a converter nunha práctica frecuente por parte das persoas que máis deberan atender a respectalo, a dar o exemplo de valoración do noso idioma como parte do noso ser, do que nos fai o que somos, nada mellor nin peor, senón de algo que di de nós como galegos e que se nos identifique como tales. Estou seguro que alguén revisou debidamente a ortografía do texto castelán e do texto inglés, pero un pulo íntimo de desprezo levouno a non facer tal co texto en lingua galega e escribiu (e permitiu) un disparate. Estou seguro que esta persoa tense a si mesma por persoa culta, e non me sorprendería que fachendee de ignorar a lingua propia deste país, se é galego por autoodio e vergoña do seu e dos seus; se é de fóra porque ninguén lle aprendeu a sentir a necesidade de aprender a lingua do país que o acolle e lle dá un posto de traballo. Permítome lembrarlles que quen se sente orgulloso da ignorancia é un ignorante e quen en Galicia tamén sabe galego ou tamén sabe castelán, sabe máis có que só sabe unha das dúas linguas.
En fin, ese é o carteliño exposto para escarnio e vergoña dos responsábeis de tal lingüicidio.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 25-10-2011 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0