Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Máis de 3.000 apoios ao escrito contra a marxinación do galego nos medios
NUNHA SOA SEMANA

Galicia Hoxe SANTIAGO. REDACCIÓN


O pasado 10 de outubro tivo lugar en lugar en Compostela a presentación dun escrito contra a marxinación do galego nos medios de comunicación que recibiu xa, a tan só unha semana da presentación do sitio http://marxinaciondogalegonosmedios.es, onde pode ser consultado e asinado- o apoio de máis de 3000 persoas e colectivos de variados ámbitos, profesións e opcións ideolóxicas, representación do amplo espectro da sociedade galega, cunha sobranceira presenza de persoas relevantes do mundo da Cultura e o Ensino. Naturalmente, hai tamén un nutrido grupo de xornalistas. Este masivo apoio, que segue a medrar día a día, demostra que as reclamacións expresadas son compartidas por un amplísimo sector da poboación do noso país.

Os asinantes reclaman:

1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito ou do tempo de programación

2) A reprodución literal en galego das entrevistas, declaracións e intervencións feitas nesta lingua

3) A transcrición literal dos eslógans e pancartas das mobilización na súa lingua orixinal.

Os promotores do escrito afirman no sitio web que "esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes."
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 20-10-2011 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0