Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GB presenta ante o TSXG as denuncias de sete pais que reclaman o primeiro ensino en lingua materna
Galicia Hoxe 13.10.2011

Gloria Lago recorda que o 6 de setembro dirixiuse ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para pedirlle que se atendesen os recursos dos pais que, amparados na Lei de Normalización Lingüística e na xurisprudencia existente, "reclamaban para os seus fillos o dereito a recibir no primeiro ciclo de ensino primario en lingua materna"

SANTIAGO DE COMPOSTELA. E.P.


A asociación Galicia Bilingüe presentou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recursos contencioso administrativo por parte de sete pais para esixir que se respecte o dereito dos seus fillos a recibir o primeiro ciclo de ensino primario en lingua materna.
Nun comunicado, a entidade presidida por Gloria Lago recorda que o 6 de setembro dirixiuse ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para pedirlle que se atendesen os recursos dos pais que, amparados na Lei de Normalización Lingüística e na xurisprudencia existente, "reclamaban para os seus fillos o dereito a recibir no primeiro ciclo de ensino primario en lingua materna".
"Pretendían así poder deter o proceso iniciado por eles hai un ano por vía Administrativa e cuxo seguinte paso era reclamar os seus dereitos ante os tribunais", sinalaron, para criticar que a Xunta "desprece" a estes proxenitores "ó non dar unha resposta fundada ás súas peticións".
Finalmente e ante a "inacción do presidente da Xunta", o equipo xurídico de Galicia Bilingüe presentou este xoves ante o TSXG os recursos contencioso administrativos que, no caso de prosperar, obrigaría ó Executivo galego a modificar o decreto do plurilingüismo, aseguran.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 16-10-2011 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0