Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Proposta e chamemento da Fundación Rosalía de Castro
Galicia Hoxe


A nosa institución é moi consciente do significado e transcendencia de Cantares Gallegos, e eo por tratarse non só do primeiro libro en galego de Rosalía senón polo feito de que a crítica, en xeral, considérao o texto fundacional da Literatura Galega.

Dentro de ano e medio, pois, cumpriranse cento cincuenta anos da edición de libro tan fundamental na historia do discurso literario en lingua galega. Aconteceu en Vigo, na imprenta de Juan Compañel, o 17 de maio de 1863. Trátase, sen dúbida, dunha data auroral.

A nosa Fundación fai un chamemento á Sociedade galega para que o ano 2013 non pase inadvertido como efeméride rosaliana e para que as institucións culturais organicen, a ser posible dun xeito coordinado, actividades de estudo e divulgación da vida e da obra de Rosalía. Así pois, se o 2011 foi o Ano Álvaro Cunqueiro, o ano 2013 será o Ano Rosalía de Castro, un ano que deberá ser fecundo en xornadas de estudo, en sesións de lectura , en reedicións de textos, en encontros escolares e en cantas actividades signifiquen un mellor coñecemento e unha maior difusión da biografía e da bibliografía de Rosalía de Castro.

O desafío está nas mans da sociedade galega e , sobre todo, no compromiso, na vontade e nas iniciativas das institucións culturais.

Nesta perspectiva, a Fundación Rosalía de Castro tiña a obriga de adiantarse con este chamemento e ten, ademais, o compromiso de colaborar con todas aquelas institucións dispostas a converteren en realidade vizosa o Ano Rosalía de Castro.

En Padrón 10 de outubro de 2013, 153 anos despois da voda, en Madrid, Rosalía de Castro/Manuel Murguía.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 11-10-2011 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0