Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentado en Santiago un manifesto contra a marxinación dos medios en galego
Galicia Hoxe

A LINGUA, NA ENCRUCILLADA



Onte foi presentado en Santiago, na Libraría Couceiro, un manifesto en defensa da lingua galega que conta xa con máis de 800 adhesións. O texto, en contra da marxinación do idioma propio de Galicia e que pode asinarse aquí, exprésase nos seguintes termos:

"O incremento da presenza da nosa lingua nos medios de comunicación acadado
pola acción da sociedade galega nas derradeiras décadas do século XX ?que situaría o
seu punto culminante nunha media do 7,5% de espazo na prensa escrita cara ao ano
1975- foi progresivamente recuando, nos últimos anos, ata se situar apenas nun 3%
nese mesmo sector en 1993.

Paradoxalmente, isto aconteceu estando en vigor a Lei de Normalización
Lingüística que segundo o seu preámbulo ?garante a igualdade do galego e do
castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como
lingua propia do noso pobo.?

Paradoxalmente, isto aconteceu cando o goberno da Xunta de Galiza veu
inxectando aos medios de comunicación substanciosas cantidades de diñeiro público
en teoría destinadas a manter e incrementar neles a presenza da lingua galega.

Paradoxalmente, isto aconteceu cando as novas licencias concedidas aos
medios audiovisuais implicaban unhas cotas de obrigada presenza do galego na
programación, cotas case sempre incumpridas polas empresas baixo a tolerancia do
goberno galego.

E mais non se poden argumentar dificultades lingüísticas á hora de comprender
oralmente ou por escrito o noso idioma: o 86?4% dos habitantes de Galiza saben
falar galego e o 97?1% o entende. A mellora do nivel de expresión da poboación galega
é sensible dende que nas últimas décadas a nosa lingua se incorporou ao sistema
educativo. En particular, as novas promocións de xornalistas galegos que se forman no
país reciben agora a capacitación lingüística necesaria para desenvolveren plenamente
a súa profesión.

Tampouco se pode soster que a actitude da sociedade galega sexa contraria á
normalización do noso idioma nos medios de comunicación. As enquisas amosan que
o 70% da nosa poboación pensa que o que se publica na prensa é ?pouco? ou ?moi
pouco? e ese mesmo 70% lería un xornal en galego.

Este desequilibrio chama a atención dos expertos internacionais que estudan
a presenza do galego nos nosos medios de comunicación. Así a profesora francesa
Caroline Domingues afirma:

?Guiados por imperativos económicos, os medios de comunicación privados
galegos confinan a lingua da comunidade en seccións específicas polo xeral
ligadas á cultura. Fronte á política de normalización lingüística, eles seguiron a ser
extremadamente conservadores. O único código para informar é o castelán. Radios
privadas e prensa escrita en Galiza desempeñan en certa maneira un papel de ?contra-
normalización da lingua da comunidade. Esta utilización minoritaria e testemuñal
dun galego que ten o seu propio espazo, o seu gueto, no interior do xornal ou da grella
de programación, é en primeiro lugar o resultado dun axuste das estratexias destes
medios de comunicación fronte a un contorno histórico, social e político.?

Nos últimos tempos, varios medios de comunicación escritos de Galiza deron
un novo paso nesa estratexia de marxinación e invisibilización do noso idioma:
as declaracións individuais ou colectivas de persoas e entidades que teñen unha
permanente práctica lingüística en galego son traducidas e presentadas ?mesmo entre
aspas para aparentar a literalidade- en castelán como se foran feitas nese idioma.
Chégase a traducir os eslógans e lemas das mobilizacións e os textos das pancartas.
Distorsiónase así gravemente a imaxe pública de persoas e colectivos que teñen entre
os seus sinais de identidade a constancia no emprego e a defensa da lingua galega.

Por todo o devandito, como galegas e galegos, asinamos a nivel individual ou colectivo o presente escrito e esiximos dos medios privados de comunicación de masas en Galiza:

1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e tempo da grella de programación.
2) A reprodución literal das nosas declaracións e intervencións na lingua en que as expresamos.
3) A transcrición literal dos eslógans e textos das pancartas na súa lingua orixinal.

Esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes.

1 Helena Goyanes Vilar et alii: «A información en galego». Lugo, Editorial Lea, 1994
2 Real Academia Galega: «Usos lingüísticos en Galicia». Vigo, 1995
3 Helena Goyanes Vilar et alii, op. cit.
4 Caroline Domingues:»Identité régionale et médias. L?exemple de la Galice». Paris, L?Harmattan, 2005.
Comentarios (0) - Categoría: Manifestos - Publicado o 11-10-2011 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0