Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Só un 38% da mocidade usa o galego fronte a un 60% o castelán
A Xunta interpreta que a lingua galega afinaza o seu uso entre os mozos, xa que se incrementou a porcentaxe respecto do estudo de 2007.

xornal.com


So un 38,6% da mocidade de Galicia de entre 15 e 29 anos afirma utilizar a lingua galega, segundo se desprende do informe Xuventude Galega 2010, mentres que o 59,9% utiliza o castalán. Así, se reflexa neste estudo que vén de presentar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar e co que conclúe que a lingua galega afianza o seu uso entre a mocidade, xa que aumentou en case 6 puntos porcentuais a utilización do galego respecto dos usos lingüísticos recollidos nun estudo semellante elaborado en 2007.



Ademais, segundo se desprende dos datos obtidos das enquisas, o uso do galego está sobre todo vinculado á relación cos máis próximos, é dicir no ámbito familiar, mentres que o seu uso se reduce na escrita e nos contactos con descoñecidos.



Polo que respecta ao uso do castelán entre os mozos, a porcentaxe é 5,4 puntos menos que no informe elaborado hai catro anos. Así mesmo, un 0,2% emprega outras linguas, mentres que unha porcentaxe do 1,3% non achegou información.



O informe Xuventude Galega 2010 baséase nun estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela a partir de 1.200 enquisas presenciais a mozos e a mozas de entre 15 e 29 anos. Este traballo sociolóxico, que se enmarca no plan Xuventude 2013, unha estratexia para a mocidade galega, inclúe unha pregunta relativa á lingua empregada habitualmente en once situacións diferentes da vida cotiá, centradas nas relación cos máis próximos, en diferentes ámbitos sociais, en actividades funcionais diarias tanto orais como escritas e mais en intercambios orais espontáneos.

Usos por ámbitos

Este uso favorable do galego no ámbito familiar por parte do grupo de idade de 15 a 29 anos tamén se constata na Enquisa de condicións de vida das familias galegas 2008 (ECVFG-2008), segundo informa a Xunta. O estudo realizado polo Instituto de Estatística de Galicia (IGE), que inclúe preguntas sobre lingua inicial e habitual, usos lingüísticos, coñecemento das linguas, dinámicas de mantemento e cambio de idioma etc., indica que utiliza sempre o galego ou máis galego ca castelán o 43% dos mozos e mozas dese grupo de idade.

En todo caso, o sector da mocidade, que é o que garante o uso futuro do idioma propio, utiliza menos o galego que a media da poboación. Así, os mozos non acadan, tanto no ámbito familiar, como laboral e o social, os usos lingüísticos galegófonos en xeral que se sitúan no 51,8%, no 48,4% e no 50,7%, respectivamente.

No que respecta ao ámbito laboral, cos compañeiros/as de traballo, co persoal ao cargo, cos superiores e cos clientes, en Galicia utiliza sempre o galego ou máis galego ca castelán o 45,5% da mocidade. Mentres, no ámbito social, o 40,5% dos mozos e das mozas utiliza maioritariamente o galego cos amigos/as, comerciantes, médicos/as, profesorado dos fillos/as, persoal da administración e persoal bancario.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-08-2011 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0