Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Xustiza obriga a Deputación de Pontevedra a facer o BOP en galego
Condena a administración provincial por ?non aplicar? a normativa lingüística que esixe usar o idioma propio.

xornal.com



O Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Pontevedra condena a Deputación provincial ?ao exacto cumprimento da ordenanza referida coa íntegra publicación en galego do Boletín Oficial da Provincia (BOP), tanto no referido ao formato (...) como aos textos propios da administración provincial?.

Na sentenza, feita pública a pasada semana, o Xulgado estima o recurso contencioso administrativo presentado polo deputado provincial Gabriel Martínez, que denunciou o ?sistemático e continuo incumprimento por parte da Deputación da lexislación vixente en materia lingüística?.

Polo tanto, obriga o organismo a publicar o seu boletín oficial na lingua propia, e non en castelán como fai agora, aínda que a sentenza aínda pode ser recorrida pola institución.



REPROCHES DO XULGADO

O recurso á Xustiza por parte do representante provincial do BNG chegou logo da publicación de varios escritos do BOP en castelán, incluído o seu encabezado, e tamén tras as continuas e insatisfactorias respostas que a Deputación lle proporcionou durante meses sobre este particular.

Por iso, Gabriel Martínez solicitou o cumprimento da lexislación vixente en materia lingüística, tanto o que se refire ao Estatuto de Autonomía, como a Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, a Lei de Administración Local de Galicia, a Lei 5/88 de uso do galego como lingua oficial polas entidades locais ou da propia Ordenanza de normalización lingüística da 
Deputación.

Ante a continuada publicación de boa parte do BOP ?unicamente en castelán?, como recorda o denunciante, Gabriel Martínez presentou unha reclamación ao que a Deputación contestou cun recurso de reposición que agora resultou desestimado pola propia Xustiza e despois de algo máis dun ano de reclamacións e contestacións insuficientes.

O organismo que preside o popular Rafael Louzán argumentaba a cooficialidade do idioma castelá e a autonomía local para xustificar a ausencia da lingua propia de Galicia no seu Boletín Oficial, ademais de aludir tamén á pretendida querenza do demandante polo uso exclusivo do galego.

Agora, a sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo recorda que, ?en contra do que parece entender a administración demandada, non é certo que a parte recorrente pretenda a publicación integra do Boletín Oficial da Provincia en galego, senón que o que se pretende (...) é que a Deputación dea cumprimento á normativa existente, incluída a que ela mesma 
aprobou?, segundo figura na sentenza, que destaca que a institución non acata a normativa promovida internamente.

SEN CUMPRIR A NORMA

Para a Xustiza, tal e como aclara este texto legal, ?a Deputación provincial non está cumprindo as normas de uso do galego, ao non ter en conta nas súas publicacións, e en concreto no BOP, o esixido pola lexislación aplicable, e que desenvolveu ela mesma coas súas normas pero que, no entanto, non leva á práctica?.

Non é a primeira vez que a Deputación de Pontevedra é advertida pola ausencia da lingua galega nas súas publicacións oficiais, pola ausencia do idioma propio de Galicia nunha institución galega. Por algo, por desgraza, xa habitual no país.
Comentarios (0) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 19-08-2011 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0