Caderno da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra








clocks for websitecontadores web


anuncia o portal na túa web





O meu perfil
cequipnormalizacion@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Dende a Mesa, sobre a campaña de protesta a Tele 5
Prezadas compañeiras e compañeiros,

Póñome en contacto convosco desde A Mesa para vos darmos os nosos máis sinceros parabéns pola vosa iniciativa de protestarlle a Tele 5 pola constante deturpación que fai de topónimos galegos como o da Coruña, especialmente nos seus espazos informativos.

Desde A Mesa querémonos sumar á vosa iniciativa dentro das lóxicas limitacións a que estamos suxeitos. O primeiro que imos facer será darmos difusión á campaña a través do noso sitio na rede www.amesanl.org e enviar a información a todas as nosas socias e socios a través do boletín dixital A ReMesa electrónica. Ademais, tentaremos incluír unha reseña sobre a campaña tan axiña como teñamos oco dispoñíbel na nosa revista Longalingua, na rúa desde o mes pasado cunha tiraxe de máis de 3000 exemplares (o número cero acadou os 5000 exemplares). Se a xente se anima a escribir a Tele 5 pensamos que algo de bruído aínda podemos facer.

Cómpre dicir que, por desgraza, nin é Tele 5 o único medio de comunicación que emprega topónimos deturpados nin é A Coruña a única forma mal empregada: o de Ourense, ou mesmo un que a vós vos é máis próximo, a forma castellanizada *El Ferrol, aínda é posíbel atopármolos e, sobre todo, ouvírmolos do bico de moitos profesionais dos medios. Son os medios privados estatais quen con relativa frecuencia máis alto se colocan no ranking de uso deturpado dos nosos nomes de lugar.

Porén, neste terreo hai tamén vitorias importantes que convén salientarmos para que non cunda o desánimo: recentemente desde A Mesa dirixímonos a Localia Televisión para que corrixise os topónimos deturpados de Galiza nos partes meteorolóxicos que emite para todo o Estado e na actualidade xa empregan A Coruña e Ourense.

Ao tempo que vos comunico a total disposición da Mesa a colaborar convosco nesta e noutras iniciativas en todo aquilo que poidamos ser de axuda, aproveito a ocasión para proporvos que no sucesivo exista entre nós unha ampla colaboración e comunicación. Estaríamos encantados de que colaborásedes connosco nesta tarefa na medida das vosas posibilidades.

Parabenizándovos de novo polo voso valioso labor e ficando á vosa enteira disposición, recibide un moi afectuoso saúdo


Francisco Xosé Rei García
A Mesa pola Normalización Lingüística
Comentarios (1) - Categoría: 00-Xeral - Publicado o 23-02-2007 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Se podes enviarme a dirección á que se ten que facer o escrito enc#blgtk08#árgome de que algunha xente do meu entorno envíe unha queixa a T5
Comentario por A vida en Ponteareas (23-02-2007 09:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0