Castiñeiras


Irmandiños: A Revolta

Boas! este ano e ó saber q Francho e Rubén, meu primo e a moza ian o xogo de rol en vivo entroume o gusanillo e despois de falar con algunha xente e informarme máis na súa web decidimos apuntarnos no xogo.

É o primeiro finde de outubro, do 5 ó 7. O requisito pra ir no bando irmandiño era poder ir pola mañá, e como igual pra esas xa estou currando decidin non arriesgar e facerme malfeitor.

Entro como mercenario, igual no medio da batalla e me cambio de banda ou me suicido pra q gañen os irmandiños ;)

Recoméndovos apuntarvos canto antes, xa somos muitos e cada vez hai menos hocos (seica este ano se van cubrir de sobras as 500 prazas!!).

Mirámonos no castelo de Monterrei!

PD: aquí unha ligazón pra páxina oficial dos organizadores
Irmandinhos: A Revolta
Parrafeo (4) - Categoría: De ruta - Publicado o 06-09-2007 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Na Feira Franca
O sábado, fomos pola mañá os de Retrouso a tocar e bailar nunha voda en Baiona, despois houbo ensaio á tarde cos de Lembranzas e pra rematar o tute alá fomos Meche, , Laura máis eu ata a Feira Franca de Pontevedra.

Ahi se nos ve na foto vestidos de "San Fermines de luto" ou algo polo estilo, o certo é q ia máis acorde coa época Meche q levaba pantalón de liño e zocos. Eu en cambio ia cun pantalón marrón normal e uns tenis tamén marróns, ainda q como se di "de noite todos os ghatos son pardos" ;)

Por certo, a probiña da botella de LK ó ladiño, deixamola abandonada pra sacar a foto... :P

Saudos!

Parrafeo (2) - Categoría: Festas - Publicado o 05-09-2007 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
A Vuelta en Galicia


Tirado de Vieiros:
"Um numeroso grupo de jovens galegos interrompeu o trajecto da "Vuelta Ciclista a España" na primeira etapa que discorrí­a por território nacional galego, em Vigo. Protestavam assi perante a promoçom de Espanha que constitui a prova desportiva, que conta com o paradoxal apoio das instituiçons galegas."

Menudos collóns tiveron estes pra meterse diante do pelotón coa pancarta.

Aparte diso, cada un supoño q terá a súa opinión sobre se o q fixeron está ben ou mal. O certo é q por moito q se discuta ou pq un berre máis q outro sería dificil cambiar a maneira de pensar de quen apoia e tamén de quen critica a acción.

Aquí o video:



Saudos!
STOP VUELTA
Parrafeo (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2007 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0