|
|
|
Camiñando ó son das montañas |
|
Como vos comentaba onte, esta finde pasada Laura máis eu estivemos Camiñando ó son das montañas.
Trátase dunha actividade organizada pola concellería de xuventude: "Naturalmente Galiza", que consiste en pasar fins de semana en lugares de toda a xeografía galega.
Nesta viaxe fomos parar á Serra de San Mamede. Durmimos n'As Cocerizas, un centro respetuoso co medioambiente que se autoabastecía con enerxías renovables.
Estivemos alí de venres a domingo, por 22,5? (30 sen carne xove) tiñamos o aloxamento e todo incluido:

Comida de producción ecolóxica e de comercio xusto (case non probámola carne).
Un rastreador profesional (algo friki) nos ensinou como interpretar os rastros dos animais.
Fixemos unha camiñata preciosa ata o pobo de Rebordechao.
Fixemos unha ruta a cabalo.
Disfrutamos dunha terapia termal nun balneario.
...
Incrible!!
Igual vos podedes apuntar, unha parella que estivo con nós este finde se apuntara unha semana antes, resulta que hai xente que se da de baixa. Se fose vos probaría sorte!!
Aquí a info completa! |
|
|
|
Habemus Polo! |
|
Miña tía levaba dez anos con el e decidiuse cambialo por un novo, así foi como conseguín o meu Polo de Fresa!
Deixoumo moi ben de prezo. Está moi coidadiño (o mozo da miña tía é mecánico) e ten algún q outro rasguño pero nada grave.
O seu gran estreno foi levándoo de camiño a Ourense esta fin de semana. Non pasaba case nunca dos 100km/h, pero o consumo parece ser de menos de 5litros/100km ;)
Tiven moita sorte!! :D
PD: a foto no Centro de Educación Ambiental das Corcerizas, ó que fomos nunha visita guiada o fin da semana Ó Son das Montañas. Gracias ó programa "Naturalmente Galiza", mañá vos falo del. |
|
|
|
Elevador de bicis en Noruega |
|
O que non inventen... a verdá q fai máis fáciles de subir as costas ;)
Seica este elevador leva dende o 93 instalado (pono ó final do vídeo). |
|
|
|
|
|
|
|
|
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"
|
|

|
Eu |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|