Castiñeiras


Viena (3ª parte)
E sigo contando... ;)

Unha vez rematada a visita matutina ós palacios dedicamos a tarde a recorrer o centro de Viena, pra iso nos guiamos por un planiño q nos deran no hostal, pero tmn polo google earth, unha ferramenta moi útil. Se te guías pola nube de puntos (fotos q colga a xente) que aparecen no google earth, seguramente acertarás cunha zona moi chula pra visitar.

E así foi, o de abaixo da imaxe do google earth é o edificio da Ópera, máis adiante os museos de historia da arte e de ciencias, ó lado o pazo de Hofburg e o Museo Albertina...

Seguimos andando e admirando estes maxestuosos edificios cando nos topamos co Parlamento. Que pouco aforraron nel!

E o Concello ainda máis chulo.. diante do concello había unha praza enorme con xardíns e árbores, pero o q máis nos chamou a atención é q había unha pista de patinaxe sobre xeo que ia todo o redor e facendo un percorrido dentro da praza, moi curioso...

Engado unha foto que topei, da pista de patinaxe que había diante do concello. Así vos faredes unha mellor idea de como era (eu pa describir...)


E seguimos, e seguimos... enfrente do concello o Burg Teatre, ó lado a universidade... todos edificios grandiosos. Cando rematamos este percorrido estabamos xa mallados. O q fixemos foi coller un tranvía circular q nos levaba xusto por onde acababamos de pasar... xenial!

E así seguimos visitando algún q outro sitio máis antes de irnos pro hostal. A idea era ir ó día seguinte ata o Danubio e visitar o q nos quedara por ver da cidade. Tomamos algo pola noite, bastante de tranquis... e a madrugar o domingo ;)




Despois de cruzar o Danubio nos atopamos cunha iglesia preciosa, investigando un pouco atopei que é a Franz von Assisi Kirche, a igrexa de San Francisco de Asís... pero parecía máis unha catedral, ou como dicía Borja "unha maravilla dos teutóns no xogo do Age of Empires" ;)

Chegando ó centro nos dividimos, Borja e Lucy quedaron a ver un par de museos (xoias da corona, museo de historia natural, tomar un pouco de tarta sacher.. jeje) mentres q Esther, Laura e eu fomos ata o Hundertwasserhaus, unhas casas rarísimas e moi chulas, un artista o arquitecto q era medio okupa :)

Antes de recoller as mochilas do hostal (deixáramolas nunha sala especial pra iso chamada "left luggage" pra non ter q cargar con elas), fomos comer ó centro de Viena. Alí probamos unhas deliciosas salchichas nun mercado ó aire libre do centro. Bueno, a decir verdade unha delas non estaba nada rica.. :P

E coa mesma partimos a Bratislava ás 5 e algo da tarde-noite. Vou facer este artigo algo máis longo senon non remato nunca :P




Chegamos a iso das 7 e nos diriximos directamente ó hostal Possonium que estaba pegado á estación de trens. Non era un hostal moi malo, pero como viñamos do de Viena q era moi bo... a recepcionista mui lenta e esperamos un cuarto de hora pra poder entrar esperando a q nos collera os datos, a habitación muito máis pequena, e inda por riba pagamos máis q o hostal de Viena...

Unha vez deixamos as mochilas na habitación fomos darlle unha visita nocturna ó centro da cidade. Pra ser unha capital decepciona bastante, e non era tan barata como se podía esperar, pero a verdade é q eu pensei q ia ser peor :P

Fixemos o recorrido guiados (outra vez) por un plano q colleramos no aeroporto. Nunha hora xa tiñamos ventilada a capital, menos o castelo q como estaba no alto o deixamos pro día seguinte.

A visita ó castelo da mañá seguinte decepcionou muito. É un deses pra ver só de lonxe, pois de cerca parece un edificio vello moi chungo (tipo edificio das aforas no q viven centos de persoas apretujadas..). E as vistas ó Danubio... weno,tp eran nada do outro mundo.

Coa mesma despois de pasar polo mercado e darlle outra voltiña polo centro ás 11 e pico collemos un bus cara o aeroporto. Gastamos as nosas últimas coronas eslovacas alí (eu máis q nada merquei chocolate jiji). Ás 2 voamos ata Girona, despois dunhas horas esperando neste aeroporto e coller outro voo chegamos a iso das 9 a Porto. En fin, ás 11 da noite do luns estabamos xa en Cangas, unha finde moi ben aproveitada!! :D

Calquera consello que queirades só tendes que preguntar, a ver se me sorprendedes e alguén dos que leedes facedes viaxes deste estilo ;)

PD: Nuns días a galería de fotos...
Viaxe a Viena pagada con Es-Facil!!
Parrafeo (5) - Categoría: De ruta - Publicado o 15-03-2008 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Visita a Viena (2ª parte)
Como vos comentaba no artigo anterior, o sábado quixemos madrugar pra aproveitar ben o día. A iso das 6 e pouco xa estabamos en pé, tardamos algo entre desperezarnos, mercar comida no super e coller o metro, pero a iso das 8 e pouco xa estabamos no primeiro dos palacios que visitamos, o Palacio de Schönbrunn.

Pagamos o ticket do Imperial Tour (9,5eurazos) e comezamos a visita ó interior do pazo. Entre outras cousas visitamos estancias nas que habitara a raiña Sisi, a sala dos espellos onde Mozart deu o seu primeiro concerto, a sala de baile onde Laura máis eu bailamos un vals... ;)

Unha vez rematamos coa visita ó interior saimos ó exterior a pasear polos xardíns. Este pazo é coñecido como o Versalles de Viena polos seus xardíns.
Alí nos dividimos: por un lado Borja, Lucy e Esther foron ata o zoo; e polo outro Laura e máis eu lle demos unha volta a todos os xardíns.

A verdade é que os xardíns (e en xeral toda Viena) non son pra visitar nesta época do ano. Alí inda non chegara a primavera e a vexetación estaba moi pouco verde. Quedei coas ganas de volver, non sei se máis durante o inverno (pra ver Viena nebada) ou durante o verán pra poder apreciar mellor os xardíns e as fontes.

Polo medio dos xardíns atopámonos con varios esquios (ahi vedes na foto como se lle achegou un a Laura). Finalmente quedamos na parte alta dos xardíns onde hai unha especie de porta do sol/glorieta dende a que hai unhas vistas preciosas de todo o xardín co palacio ó fondo.

Eran as 11 e media ou 12 cando saimos do palacio, a esas alturas estabamos mallados pero tiramos de RACE (Redbull de Austria) e fomos ata o Palacio de Belvedere. Este palacio a min me soaba muito máis q o anterior, pero só de oidas. Cando chegamos a el nos sentamos nun banco dos xardíns dende o que se contemplaban os xardíns e o palacio e fixemos unha parada pra comer.

Unha vez comidos subimos ata o palacio. Había que pagar pra entrar a ver unha exposición de cuadros, pero na guía recomendaban só unha sala con catro columnas centrais nas que estaban esculpidos catro Atlas ou Hércules que simulaban soster o peso da sala superior.

Eran menos das dúas cando xa visitaramos os dous palacios que eran visita obligada en Viena. Inda nos quedaba toda a tarde e todo o domingo pra visitar o centro de Viena. Pero weno, iso xa o escribo mañá que por hoxe xa chega ;)
Viaxe a Viena (3ª parte)
Parrafeo (8) - Categoría: De ruta - Publicado o 13-03-2008 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chegada a Viena (1ª parte)
Como xa vos contei hai case un mes, esta fin de semana fomos de viaxe ata Viena.

Cinco intrépidos aventureiros saimos ás 6 da mañá de Cangas (algo antes sairon os outros de Marín e Pontevedra). Despois de coller dous avións (de Porto a Girona, e de ahí a Bratislava) e un bus (Bratislava->Viena) chegamos a Viena a iso das catro e media da tarde.

O primeiro q fixemos foi comprar un bono co q utilizar o transporte público vienés (metro,bus e tranvía) 72h por 18? máis descontos en palacios e museos. Vienna Card (só recomendable se se visita muito e se non se ten o carnet ISIC de estudiante).

Despois nos acercamos ata o hostal pra deixar as maletas. Wombats The Lounge, un hostal xenial, só 17?/noite moi limpo, tranquilo e con muitas comodidades.

E coa mesma comezar visitando Viena ás 7 xa de noite. Paseamos polos arredores da catedral por un recorrido recomendado pola guía do Pais-Aguilar unha guía moi boa, pero q aquí en Viena nos fallou un pouquiño con este primeiro recorrido...

Despois do recorrido polo centro achegámonos ata o Prater, un parque de atraccións no centro da cidade. Alí hai unha noria xigante con máis de 100 anos chamada Riesenrad. É do estilo a torre Eiffel, montouse pra unha exposición pero como gustou deixárona ;)

Alí arriba unhas vistas de toda a cidade, inda q a verda q ver ver...non se miraba muito xa q a luz interior reflexaba nos cristais da cabina :P

Volvemos pro hostal collendo outra vez o metro.
Xenial a rede de transportes que ten a cidade!!

Unha vez no hostal ceamos e coas guías que tiñamos nos dispuxemos a pensar en que iamos ver ó día seguinte.

Un día canso este venres. Fomos pronto pra cama, pois a intención era levantarse o sábado ás 6 da mañá pra aproveitar o tempo.

Mañá sigo cunha segunda parte da viaxe (e a ver se me da a virada pra facer unha galería de fotos).

Saudos!
Viaxe a Viena (2ª parte)
Parrafeo (4) - Categoría: De ruta - Publicado o 11-03-2008 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Prohibido xirar á dereita
Como xa vos comentei marcho pra Viena este fin de semana, polo q adiantei o da cita electoral e votei por correo. Bastante sinxelo o de exercer o dereito a votar (inda que o ano pasado non puden facer o mesmo cando estiven en Cardiff...).

Ao fio do que comentaba Davila hai tempo,

o importante é respetar os sinais de tráfico.




E conducir con sentidiño...
Parrafeo (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2008 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0