Castiñeiras


Liverpool
Este sábado pasado fomos ata a terra dos Beatles, tiña entendido q Liverpool era unha cidade industrial nova e feisima pero ó final gustoume bastante.

Foron case 8h de tren (ida e volta) e unhas 9 ou así de paseo pola city. Aburridos do tren pero ó final chegamos sen problema :)

O primeiro q me sorprendeu foi cando ainda non baixara do tren: miles de casas nas aforas de Liverpool, todas moi parecidas coas míticas chimeneas inglesas, e con contenedores do lixo lilas!

Despois de sair da estación outra sorpresa: pensei q ian ser todo edificios ou casas normais, pero habia bastantes edificios "a lo grande", varios museos, hoteles e non sei q máis cousas q eran edificios xigantes. Entre eles a Catedral Anglicana máis grande do mundo.

Image Hosted by ImageShack.us


Pasamos un bo rato paseando por Liverpool, ad+ de recordarme un pouco a casa pois andivemos tamén polo porto :)

O jodido foi nos museos, estaban bastante ben ainda q tampouco eran unha marabilla. Fomos a estes: World Museum, Tate e The Walker; este último foi dos mellores, anq non sei pq tiñan metido un movil nokia novo entre cousas dunha exposición do s.XIX; e non era o unico, tmn andaba por ali perdida unha gameboy.. porei fotos na fotoblogoteca). Noutro apartado tmn puñan en exposicion uns monecos de Lego (...)

O world museum era como o Domus da Coruña pero en pequeno, con vinte mil nenos correndo polos arredores.

Finalmente a Tate non me gustou nada, eran exposicions contemporáneas destas q non hai quen as entenda :P

Á noite nos achegamos ó mitico garito onde empezaron os Beatles: "the Cavern". Tivemos moitisima sorte pois xusto cando chegamos estaba un grupo tocando en vivo cancións dos Beatles.
De publico? entre outros, bastantes vellos nostalxicos e fanáticos do grupo de Liverpool.

Image Hosted by ImageShack.us


Saudos!

PD: teño q renovar isto máis a menudo, pero weno, aqui todo vai con calma ;)

Parrafeo (4) - Categoría: England - Publicado o 12-03-2007 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas q pasan
Onte lle regalamos a Kirstin polo seu cumple este cinceiro q aparece na foto, todo decorado coas cores e co dragón da bandeira galesa.

Basicamente dende o martes q entregamos o último traballo inda non fixemos nada, estamos en fase de "relax".

Mañá comezaremos a movernos: Patri, Esther máis eu imos ir dar unha volta por Liverpool, a ver q nos topamos por ali ;)

Aqui unha foto destas cousas raras q pasan por aki por Cardiff: que carallo fai unha bici colgada a unha pola da árbore??

Image Hosted by ImageShack.us


Saudos!
Parrafeo (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-03-2007 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Triste e deprimente
Despois de case medio ano vivindo con ingleses pensei q xa non me ia sorprender de nada. Equivoqueime.

Pasei 12 días de entroido por Verín e polo Morrazo, cheguei á residencia o dia 26 de febreiro.

Topeime cunha cociña preciosa, sin un misero cuberto, plato ou cazo limpo. Todo estaba enriba da mesa sen limpar (estaba claro q eu non ia limpar a merda q non fixen). Enriba de todo este barullo unha nota:

"Limpar isto antes do venres 23"
(baixo perigo de multa, e xa pasaran tres dias!).

Ata ahí todo normal,non era tan raro q a cociña estivera ata os topes de merda, o peor foi q o xoves.

Os xoves é cando ven a señora da limpeza, e claro, non é a súa obriga fregar a nosa louza. Como estaba ata os collóns d avisarnos q limparamos...

METEU TODA A LOUZA SUCIA NUNHA BOLSA DO LIXO!!

E ahi kedou, como hai só dúas sarténs e dous cazos fóra da bolsa e se usan a miudo, pois eses lávanse. O resto segue e seguirá na bolsa por muito tempo, nunha esquina da cociña.
Image Hosted by ImageShack.us

PD: a cousa non é tan grave, hai q ter en conta tmn dúas cousas:
1-comparto cociña con 6 ingleses e un americano;
2-pra os ingleses é o primeiro ano de carreira.
Parrafeo (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2007 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Enterro do paxaro e volta a Cardiff
Era o último día q ía pasar no Morrazo e tiña q aproveitalo, metímonos no medio do desfile como en Verín, pero desta vez non só eran panderetas o q soaban, senon q tamén trouxo a ghaita o Ghaiteiro de Lapamán (á dereita da foto).

Non iamos todos disfrazados de xoaniñas como en Verín, pero a festa faciamola igual.

Ó chegar o final do desfile puxemonos a esperar no paseo a que se queimase o paxaro (si! este ano queimouse de verda!). Como facía un frio de medo puxemonos a quentarnos tocando e beillando, iso si, o de beillar na area branda é algo chungo, deixamolo pronto pa evitar torcer tobillos..
Image Hosted by ImageShack.us

A queima do paxaro foi moi bonita, das mellores q se recordan. Despois fomos rapidamnt ó Lambedeiro do Viño (bar de meu primo) a cear. Coa mesma inviteinos a un pouco de tarta polo meu cumple :)

O peor de todo é q andiven ás presas, ás 11 sain de Bueu pra miña casa. Inda tiña q tomar algo cos meus padriños, preparar a maleta...

Con todo ás 2 metinme en cama, pra levantarme o dia seguinte ás 7.30 pra ir a Compos. Acabei mallado de andar toda a semana de festas, pero como sempre me di meu pai:

"sarna con ghusto non pica"


A volta a Cardiff foi dura, non cheguei ata ás 11 da noite. Tiven que pasar unhas horas por Londres e visitar algo Chelsea pra facer tempo mentres non me saia o megabus.

Aki unhas fotos q tomei, o cementerio de Chelsea q hai o lado do hospital e o outro unha iglesia ou algo asi q taba ó lado.

Image Hosted by ImageShack.us Image Hosted by ImageShack.us

No avión Compos-Londres unha coincidencia: xusto se sentou ó meu lado unha canguesa (Laina), non a coñecia pero como me soaba a sua cara nos puxemos a falar. Ia acompañada de Mané pra pasar uns días no piso duns amigos de Londres.

Agora en Cardiff teño q entregar un traballo o luns, a partir de ahi relax :)

Este foi o resumo da semana, espero q non vos aburrise a lectura ;)
Tardarei en escribir por culpa dese traballo.

Un saudo!
Parrafeo (1) - Categoría: Festas - Publicado o 01-03-2007 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0