Castiñeiras


Contramanifestación en defensa da lingua


Totalmente dacordo coa primeira parte, eu me miro perfectamente entre os da manifa ridiculista tocando os pasodobles e vestidos de españolistas.

O resto de meterse dentro da manifa de galicia bilingüe xa non me miro. E menos dacordo co de andar a romper o mobiliario, tirar botellas e cousas así... penso que con iso se consegue o efecto contrario ó que eles querían.

Así consegueron que a manifa de GB saira máis na prensa, non con titulares como "Escasa asistencia á manifa contra a lingua (foto)" como debería ser.
Senon con titulares como "Diez detenidos por intentar boicotear la manifestación de Galicia Bilingüe".

Iso sí, o de que "o castelan corre perigo en Galicia" e que "hai nenos que non teñen educación en castelán" son grandes mentira que só a creen esas pouquiñas persoas que se xuntaron en Compostela.
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2009 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Estrella Galicia pásase ó software libre
"A firma cervexeira descarta o pago de licenzas para levar o control informático das súas relacións cos provedores e confía nunha das empresas da Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) para implementar un xestor de contidos baseado en estándares abertos."


Unha boa noticia para os que pensamos que non se debe pagar por programas que podes conseguir de balde: linux (xa pouco lle queda pra que sexa tan doado de instalar e utilizar como windows), openoffice (sustituto de microsoft office)...
Ademais de funcionar igual ou mellor que os programas de pago, nestes dous links anteriores podedes obtelos en galego ;)


Via: A Nosa Terra
Parrafeo (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-02-2009 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Fraga: Jesucristo tamén se equivocou
Via Meneame: Fraga indica que también Jesucristo se equivocó "en una elección de personal"

El ex presidente de la Xunta y fundador del PP, Manuel Fraga, ha asegurado que si Jesucristo se equivocó al elegir a Judas "en una elección de personal", se puede confundir cualquiera. El veterano dirigente popular hizo esta afirmación en declaraciones a la Ser, en referencia a la decisión del líder del PP gallego y candidato a la Presidencia, Alberto Núñez Feijóo, de prescindir del cabeza de lista por Ourense, Luis Carrera, por sus problemas con el fisco.

Compara Feijóo con Jesucristo? O de que Feijóo escollera a unha persoa con problemas con Facenda para Conselleiro de economía está mal... e as declaracións de Fraga non o melloran xD

Certo que o bipartito non avanzou tanto como se esperaba, pero...
Volverá o PP a cargarse Galicia??
Espero que non.
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2009 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Censurada a campaña publicitaria da Revista Retranca


Xogando coa campaña do bus ateo comezada no Reino Unido: ?PROBABLEMENTE DIOS NO EXISTE. DEJA DE PREOCUPARTE Y DISFRUTA LA VIDA?; os da revista Retranca decidiron facer a versión galega do mesmo invitando a falar da cultura galega.

A campaña comezou nos buses Vitrasa de Vigo e ás 6 horas foi retirada. Por qué? Seica por "recorda á campaña dos buses ateos".

Os de Retranca o teñen claro: A CULTURA GALEGA EXISTE, PERO NON DEIXAN QUE SE ANUNCIE!!!

Ían reunirse estes días cos responsables da empresa, a ver qué lles contan...

Noticia no blog da Revista Retranca
Parrafeo (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2009 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
"De nome chámome Senio,
por apodo Castiñeiras,
mais por correr ó teu lado
ti chámame como queiras"


Eu
breixo.mm
 Recomendados
 Galería de fotos
 Categorías
 Pasado

free web counter

Ana come pan, Ana come pan, Ana come pan...

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0